A auga é imprescindible para as persoas e para todo ser vivo. Buscamos en internet información sobre a auga e comezamos a realizar unha presentación no encerado dixital interactivo.
Hoxe comezamos a ler o conto que nos regalaron as aulas 11 e 12 "Rúa das emocións Nº7". Lemos dúas follas, pero deunos para moito! Falamos das cidades e o que podemos atopar nelas. Traballamos co recursos "Todos somos diferentes" Todos somos diferentes from ticceeabarcia
Hoxe entregamos a noso libro e a rosa á aula 9. E as aulas 11 e 12 entregáronos unha rosa e un libro. Ademais fixemos un mural entre todos coas nosas mans e tivemos un teatro de sombras e cores. Queredes saber cal é o libro que nos regalaron? Conto rua das emocions n7 de ticceeabarcia
Este ano para celebrar o Día do Libro tiñamos que regalar un libro e unha rosa a outra aula do centro, a nós tocounos a aula 9! E o conto que eliximos foi Nadarín! (feito no cole dentro do Programa Educación Responsable, o cal non puidemos presentar na Cidade da Cultura porque chegou o Covid). Esperamos que vos guste, AULA 9!
Hoxe é o Día do Libro. Pero por que se celebra este día e por que se regala unha rosa?... Na aula 5 fixemos unha pequena investigación para responder a estas preguntas e trazamos un plan de equipo, onde cada un de nós tiñamos unha tarefa asignada.
Para conmemorar o Día das Artes Galegas (1 de abril), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos crear dúas esculturas con arxila (xa que este ano homenaxéase a Francisco Asorey, un gran escultor). Aquí tedes as nosas dúas esculturas! Queredes ver como as creamos?
Curioso título para un conto que nos axudou a coñecer un pouquiño máis o noso corpo. Dentro do PDI "Así son eu" estivemos realizando diferentes actividades co conto "A Araña máis eu": pegamos a araña polas diferentes partes do noso corpo, debuxámola nun manequín, creamos as nosas arañas e xogamos coa luz negra.
Hoxe rematamos o noso traballo sobre o arco da vella! O mércores a canción que eliximos relacionada coa chuvia foi " algunha vez viches a chuvia " e polo xornal soubemos que era o Día Mundial do arco da vella (3 de abril). E que relación terá a canción co arco da vella?.... na canción din "Quero saber se algunha vez viches a chuvia caer nun día soleado"... E claro que SI, se chove e fai sol sae o arco da vella! Así que buscamos información sobre cando sae, cantas cores ten e que forma ten. Comezamos debuxando un arco da vella conxunto. Descubrimos que realmente é redondo. Fixemos un experimento para crear un! E hoxe rematamos o mural coas nosas aprendizaxes e puxémolo no corredor.
Hoxe traballamos co xornal! Centrámonos na chuvia (que non para de chover...), nas comunidades autónomas e no arco da vella. Nunha noticia viñan as 17 comunidades autónomas, así que xogamos a deletrealas e atopalas no mapa. E o traballo co arco da vella... está noutra entrada!