ARCO DA VELLA

Hoxe rematamos o noso traballo sobre o arco da vella!
O mércores a canción que eliximos relacionada coa chuvia foi "algunha vez viches a chuvia" e polo xornal soubemos que era o Día Mundial do arco da vella (3 de abril). 
E que relación terá a canción co arco da vella?.... na canción din "Quero saber se algunha vez viches a chuvia caer nun día soleado"... E claro que SI, se chove e fai sol sae o arco da vella!
Así que buscamos información sobre cando sae, cantas cores ten e que forma ten.
Comezamos debuxando un arco da vella conxunto.


Descubrimos que realmente é redondo.


Fixemos un experimento para crear un!


E hoxe rematamos o mural coas nosas aprendizaxes e puxémolo no corredor.


Comentarios