Publicacións

PEREGRINOS DA AULA 5

Imaxe
O alumnado da aula 5 converteuse en peregrinos cara Compostela.  Buscamos as indicacións do Camiño. 10 voltiñas ao noso recorrido. E para levar a conta... o Conta-Voltas! Animádevos a participar no noso Camiño!

COMEZAMOS O CAMIÑO!

Imaxe
Este luns comezamos o Camiño Francés no cole!.  Cada días as aulas que participamos camiñaremos unha milla e ao final da semana sumamos tódalas millas realizadas e avanzamos no camiño. Tamén nos axudarán tódolos membros da Comunidade Educativa que se animen a apuntarse. Así que xa o sabedes, non o dubidedes, apuntádevos ao noso Camiño.

BO CAMIÑO!

Imaxe
Presentamos o cartel "Bo Camiño" elaborado na aula 5 dentro dos Programas "Edusaúde" e "Milla Diaria".  É un mural feito entre todo o alumnado da aula. Así o fixemos! Felicidades rapaces e rapazas!

CONTAMOS COAS CASTAÑAS

Imaxe
Coas castañas que apañamos o venres no patio, fixemos un xogo de contar de 1 ata o 10. O xogo consistía en: tiñamos que contar cantas castañas había nunha caixa. Colocabamos as castañas debaixo de cada número seguindo a recta numérica. Cando rematamos tiñamos que indicar cantas castañas tiñamos e atopar o número noutro panel. Para finalizar colliamos o número e colocabamos as castañas ao lado. 

OS CASTIÑEIROS. OUTONO

Imaxe
O venres da semana pasada, coa mestra Nerea recollemos follas dos castiñeiros que hai no patio do cole.  E pintamos na aula unha árbore.  Hoxe seguimos a traballar o Outono, concretamente o castiñeiro usando as follas e o debuxo.  Colocamos as follas do castiñeiro (na árbore e no chan) E falamos das características dos castiñeiros (o seu froito é a castaña, son seres vivos, comen e beben pola raíz e respiran polas follas).

ESCOITAMOS O OUTONO

Imaxe
 Que credes que é? As estacións do ano podémolas percibir polos sentidos. Hoxe escoitamos o Outono na aula.

PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Fai uns días trouxemos á aula unhas ramiñas das plantas aromáticas que temos no patio do cole. Deixámolas secar un pouquiño e o venres estivemos traballando o noso olfacto.