OS CASTIÑEIROS. OUTONO

O venres da semana pasada, coa mestra Nerea recollemos follas dos castiñeiros que hai no patio do cole. 

E pintamos na aula unha árbore. 

Hoxe seguimos a traballar o Outono, concretamente o castiñeiro usando as follas e o debuxo. 

Colocamos as follas do castiñeiro (na árbore e no chan)

E falamos das características dos castiñeiros (o seu froito é a castaña, son seres vivos, comen e beben pola raíz e respiran polas follas).


Comentarios