Publicacións

VÉMONOS EN SETEMBRO!

Imaxe
O mércores 22 a aula 5 do CEE A Barcia colgou o letreiro "Pechado por Vacacións". Foi un curso moi intenso onde o alumnado da aula traballou moitísimo!!! Como non tiñamos a ninguén na aula para sacar unha foto... pois sacámonos dúas a través do espello da aula. Somos máis que unha aula, somos "unha piña".  Feliz Verán aula 5

PRENSA ESCOLA!. RESUMO DAS ACTIVIDADES

Imaxe
Tódolos mércores foron especiais xa que chegaban os xornais. Este curso estivemos a realizar paneis informativos con aquelas noticias que nos chamaban a atención ou que eran do noso interese. AS VERDURAS E A COMIDA:  Este curso houbo dous programas nos que estivemos a traballar: "Aliméntate ben" e "Edusaúde", onde a alimentación e o fomento do estilo de vida saudable é o eixe vertebrador dos mesmos (ademais de "Aliméntate ben"). Os mércores buscabamos aquelas noticias relacionadas coa alimentación e mirabamos "Hoxe no mercado" onde aprendemos moito sobre as verduras e as froitas.  SOLIDARIEDADE:  Axudar aos demais, a convivencia e fomento da igualdade e a non violencia buscando un ambiente de convivencia positiva son valores que traballamos na aula.  O TEMPO:  Tódolos días, entre as nosas rutinas da aula, está a de indicar o tempo que fai. Durante este curso o tempo estivo un pouquiño toliño!. OS ANIMAIS:  Na aula 5 encántanos os animais e aprend...

PETRÓGLIFOS

Imaxe
Xa rematamos o noso traballo cos Petróglifos!.  E así quedou o noso mural. Pero non rematamos aquí... os petróglifos son gravados que se atopan nas pedras, así que tiñamos que facer os nosos. E para o forno! Deixamos que arrefíen... E a pintalos de gris. E aínda que na foto parezan doutra cor, aseguramos que quedaron de cor gris!!! E para a casiña que foron.

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe foi un día de moito traballo na aula 5. Nas primeiras horas estivemos limpando o invernadoiro... xa sabemos que en setembro tamén o temos que facer!!! E así quedou!

A PRIMAVERA

Imaxe
Apuntiño está de acabar a Primavera!, este é o mural que fixemos ao mesmo tempo que traballabamos as características desta estación do ano.

RECOLLENDO AS ÚLTIMAS LEITUGAS

Imaxe
Estivemos a recoller as últimas leitugas, hai que deixar o invernadoiro vacío!

MACETAS LISTAS PARA A CASIÑA!

Imaxe
Hoxe levamos as nosas macetas para casa. Xa temos traballo, que as plantas hai que coidalas! Esperamos que vos gusten!