PRENSA ESCOLA!. RESUMO DAS ACTIVIDADES

Tódolos mércores foron especiais xa que chegaban os xornais. Este curso estivemos a realizar paneis informativos con aquelas noticias que nos chamaban a atención ou que eran do noso interese.
  • AS VERDURAS E A COMIDA: Este curso houbo dous programas nos que estivemos a traballar: "Aliméntate ben" e "Edusaúde", onde a alimentación e o fomento do estilo de vida saudable é o eixe vertebrador dos mesmos (ademais de "Aliméntate ben"). Os mércores buscabamos aquelas noticias relacionadas coa alimentación e mirabamos "Hoxe no mercado" onde aprendemos moito sobre as verduras e as froitas. 

  • SOLIDARIEDADE: Axudar aos demais, a convivencia e fomento da igualdade e a non violencia buscando un ambiente de convivencia positiva son valores que traballamos na aula. 
  • O TEMPO: Tódolos días, entre as nosas rutinas da aula, está a de indicar o tempo que fai. Durante este curso o tempo estivo un pouquiño toliño!.
  • OS ANIMAIS: Na aula 5 encántanos os animais e aprender novas cousas deles. Así que noticia que víamos relacionada con eles recortámola e pegámola no mural, e se viña acompañada dunha foto mellor!
  • O VOLCÁN: Estivemos moi pendentes da evolución do volcán e das persoas da Illa de A Palma (tamén construímos na aula unha representación do volcán)
  • EDUCACIÓN VIAL: Aprender as normas de circulación (para cando imos nos coches ou nos autobuses) e as normas como peóns son fundamentais para evitar accidentes e tamén para favorecer a convivencia entre todos e todas. Así que na aula 5 sempre nos paramos nestas noticias. 

  • O CAMIÑO: Moitas das actividades que realizamos ao longo deste curso estaban relacionadas co Camiño de Santiago. A través dos programas "Edusaúde" e "Unha milla diaria" realizamos os Camiño Francés, o Inglés e o Primitivo. E fomos noticia na prensa e na tele!!!
  • CULTURA: Neste mural pegamos aquelas noticias relacionadas coa cultura que nos pareceron máis interesantes (moitas relacionadas coa música e as festas... será porque somos moi festeiros/as?). Moita da información deste mural axudounos a facer o noso traballo para conmemoral o "Día das Letras Galegas".

  • BOMBEIROS: Os heroes que día a día nos axudan ante unha dificultade ou perigo tamén tiveron o seu mural!. E nos mesmo, "Super 5" agora loita contra a contaminación do noso planeta!
  • SAÚDE: Se a saúde sempre é importante... desde a chegada do Covid aínda máis!. Tódolos mércores comentamos na aula como estaba a situación coa Covid e da saúde en xeral (que non só esta ese bicho malo!). O programa "Edusaúde" ten por finalidade promover un estilo de vida saudable entre todos e todaas. 

Se queredes ver o noso traballo dentro do Programa prensa escola, facede clic neste enlace!

Comentarios