Publicacións

MÚSICA A FLOR DE PEL

Imaxe
Hoxe foi un día moi especial... despois de máis dun ano.. tivemos unha actuación no cole!. Eso si, respectando moi ben as medidas para evitar contaxios pola Covid-19 (xa estamos bastante fartiños deste bichiño!). Asistimos ao espectáculo " Música a flor de pel " organizado por Afundación. Xa podedes imaxinar o ben que o pasamos!

DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMERÍA

Imaxe
O mércores traballando co xornal en "Prensa - Escuela" démonos conta que era o Día Internacional da Enfermería . Así que chamamos a enfermeira que estaba no cole e felicitámola polo seu día. Irene falounos de Florence Nightingale e como defendeu que cunha boa ventilación e hixiene persoal a xente melloraba moito (e que razón tiña!, dúas das medidas do Covid). Desde aquí felicitar a tódalas enfermeiras e enfermeiros e darlle as grazas polo seu traballo. 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Imaxe
O mércores conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas (que como xa sabedes é o luns 17, festivo autonómico). Para este día o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos unha actividade a nivel de centro, usando un poema de Xela Arias “Darío a diario”. Dario a diario. A túa man ocupa un cuarto da miña xigante, por iso detesto un pouco tantas palabras. Todas para ti, ¡son a raíña parlante!, ¡emperatriz de sonidos guturais en diante! (aula 5: A nosa frase) Dis ma-ma-má (aula 6) e consegues oito pasos seguidos sen axuda cara a nós. Vesme? Son a nai que te pariu e coida facer o necesario porque avances Darío a diario (1996) Tiñamos que escribir a frase e decorar unhas mans, para colocalas no mural conxunto de todo o centro (polas medidas Covid, establecéronse quendas para cada aula). Na aula tamén fixemos o noso propio mural e creamos unha poesía coas cores que cremos que son da nosa Galicia: O azul dos nosos ríos e mares, o ceo nun día de sol  e a chuvia que tanto nos quere...

PATADIÑA NO CUÍÑO AO COVID

Imaxe
Xa rematamos outra das páxinas do noso pequeno conto de "Super 5". Aprendemos a facer o signo da vitoria e como di o cartel "Con moito sentidiño + vacinas" gañaremos! E se este fora o Covid... Sabedes o que lle faríamos.... patadiña no cuíño.

"SOMOS XENIAIS EN INTERNET". CONCURSO ESCOLAR ONCE

Aquí vos deixamos o traballo que realizamos na aula 5 para o Concurso escolar da ONCE .  FELICIDADES AOS GAÑADORES!

TRABALLAMOS O RITMO

Imaxe
Pasámolo xenial nas clases de Educación Musical. Mirade como traballamos o ritmo con diferentes instrumentos!

EU SON SUPER 5

Imaxe
 Unha nova páxina do noso conto de "Super 5". Eu son super 5, e ti?