DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMERÍA

O mércores traballando co xornal en "Prensa - Escuela" démonos conta que era o Día Internacional da Enfermería. Así que chamamos a enfermeira que estaba no cole e felicitámola polo seu día. Irene falounos de Florence Nightingale e como defendeu que cunha boa ventilación e hixiene persoal a xente melloraba moito (e que razón tiña!, dúas das medidas do Covid).

Desde aquí felicitar a tódalas enfermeiras e enfermeiros e darlle as grazas polo seu traballo. 



Comentarios