LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
O mércores conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas (que como xa sabedes é o luns 17, festivo autonómico). Para este día o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos unha actividade a nivel de centro, usando un poema de Xela Arias “Darío a diario”.
Dario a diario.
A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,
por iso detesto un pouco tantas palabras.
Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,
¡emperatriz de sonidos guturais en diante! (aula 5: A nosa frase)
Dis ma-ma-má (aula 6) e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
facer o necesario porque avances
Darío a diario (1996)
Tiñamos que escribir a frase e decorar unhas mans, para colocalas no mural conxunto de todo o centro (polas medidas Covid, establecéronse quendas para cada aula).
Na aula tamén fixemos o noso propio mural e creamos unha poesía coas cores que cremos que son da nosa Galicia:
O azul dos nosos ríos e mares,
o ceo nun día de sol
e a chuvia que tanto nos quere.
O verde dos nosos prados , montes
e da nosa esperanza.
O marrón do Outono galego,
da lama na aldea
e da nosa terra.
O lila das nosas dedaleiras no San Xoan
e da loita de todos e todas.
Comentarios
Publicar un comentario