Nesta ocasión o alumnado da aula 5 elixiu o xogo "O tren A-B-C" para establecer as normas. Para establecelas xogamos varias veces e finalmente escribimos os pasos que seguimos para xogar. Isto tamén nos serviu para practicar a solución de problemas da vida cotiá. Os xogos foron elixidos polo alumnado, pero tiñamos un empate, entre o "Tren ABC" e o "Saimon". Buscamos diversas opcións para resolver o desempate e gañou o sorteo.