Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CINEMA

CIANOTIPIA

Imaxe
Avanzamos no PDI "Cinema". Hoxe coñecemos e puxemos en práctica a cianotipia. Anna Atkins foi a primeira muller fotógrafa e gustáballe facer fotos as plantas, mediante unha técnica fotográfica a través da impresión solar chamada, cianotipia, que ven da palabra azul cian, coñeciades esa cor?

A QUEN COÑECEMOS...

Imaxe
Entre as actividades propostas polo Equipo de Biblioteca está a de elixir unha protagonista feminina dunha película ou de debuxos animados, pintala e falar de como é.

8M

Imaxe
O domingo foi 8 de marzo, o "Día Internacional da Muller". O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas a realización de diversas actividades relacionadas coas protagonistas femininas de películas e debuxos animados. Ademais estivemos a traballar coa serie " Mulleres incribles ".

VENRES DE ENTROIDO!. GALA CINEMA

Imaxe
Que día tan de película... Gala "Cinema". A gala!:  https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/venres-de-entroido-gala-cinema.html

FLIPBOOK ou FOLIOSCOPIO

Imaxe
Rematamos o noso Flipbook!.

FANTASMAGORIE

Imaxe
Sabedes o que é Fantasmagorie?. Foi a primeira película de animación da historia e non tiña son, era soamente imaxes (cine mudo). Fixemos uns debuxos que resaltaban nun fondo negro... Maxia!

DÍA DA MÚSICA

Imaxe
O sábado 22 foi o Día da Música, nós celebrámolo hoxe no cole. Co inicio do PDI as nosas familias mandaron ao cole cales eran as nosas cancións ou melodías favoritas relacionadas con películas ou series. Hoxe tiñamos que identificalas e pegalas nun taboeiro. Cando rematamos fixemos un pequeno concerto con diversos instrumentos musicais. Aquí podedes ver como o celebramos cole: CLIC

ALICE GUY

Imaxe
ALICE GUY foi a primeira cineasta da historia. Foi unha directora moi revolucionaria chegando a producir mais de mil cintas.

O TAUMÁTROPO

Imaxe
Dentro do PDI "Cinema" propuxéronos experimentar cun xogo óptico, o Taumátropo. E  conseguimos captar o momento onde as dúas imaxes parecen que se mesturan e o paxaro está dentro da gaiola!  

COMEZAMOS O PDI "CINEMA"

Imaxe
Este curso realizaremos o PDI "Cinema" coordinado pola Biblioteca do cole!. Propuxéronos varias actividades que fixemos pouquiño a pouco. A primeira foi a decoración dun pequeno póster do film "Willy e o barco de vapor". Na clase recortamos a imaxe en 9 anacos e despois cada un/unha pintou o seu, para rematar montamos a imaxe de novo e así nos quedou! Visionamos o film, un dos primeiros filmes de animación de Disney con imaxe e son sincronizada (cine mudo!). A continuación respondemos unhas pequenas preguntas sobre o film, intentamos imitar os sons e buscamos diferentes formas de facer sons co corpo ou con obxectos.