Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta horta de aula

QUE BONITAS ESTÁN!

Imaxe
Mirade que bonitas están as nosas plantas!

OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Onte realizamos a primeira parte do obradoiro de plantas aromáticas. Ulimos moitas plantas (ourego, tomiño, romeu...) e moitas especies das que usamos para cociñar!. Ademais recordamos a importancia de coidar as plantas, de non danalas e da súa importancia para as persoas. Despois, cada aula do nivel, quedouse con dúas plantas. A nós tocounos o perexil e herba boa. Na aula transplantámolas a unhas macetas máis grandes. Que grandes eran as raíces!

PREPARANDO O OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Mañá realizaremos un Obradoiro de plantas aromáticas. Hoxe estivemos clasificándoas, xuntando aquelas que eran iguais e distribuíndoas en 3 grupos.

TRASLADÁMOLAS AO INVERNADOIRO!

Imaxe
Levamos as nosas plantas ao invernadoiro, xa que hai un sistema de rego automático e así terán auga tódolos días durante a Semana Santa. A esperar a volta das vacacións para ver como están!

NECESITAN AUGA!

Imaxe
Cada día revisamos as nosas plantas e regámolas!. 

A IMPORTANCIA DA AUGA

Imaxe
Cada semana coidamos das nosas plantas. Como seres vivos que son, necesitan a luz do sol e a auga para vivir.

A PLANTA INESPERADA!

Imaxe
Naceunos unha planta coa que non contabamos... na terra das macetas que non xerminaron apareceu unha planta!!!.

COMO SEGUEN AS NOSAS PLANTAS?

Imaxe
Revisamos as nosas plantas... Os nosos garavanzos secáronse... pero transplantamos unha castaña e as xudías medran moito!. Comezamos a facer as tarxetas para cada maceta no ordenador.

REVISAMOS AS PLANTAS DESPOIS DO NADAL!

Imaxe
E como pasarías as nosas plantas o Nadal!. Sabemos que estiveron moi coidadas, xa que as regaban case todos os días. Chegou o  momento de ver como estaba a castaña que tiñamos xerminando na fiestra e tamén saber se a feixoa creceu algo!.

COIDAMOS A NOSA HORTA DE AULA!

Imaxe
Cada día revisamos e coidamos a nosa horta de aula!

COIDAMOS A NOSA HORTA DE AULA

Imaxe
Cada mañá revisamos a nosa horta e regamos as nosas plantas.  

TRANSPLANTAMOS!

Imaxe
Hoxe transplantamos as fabas e os garavanzos que xerminamos. Observamos as súas raíces e o que será o talo. Tamén falamos dos froitos do Outono.

XERMINAMOS E PLANTAMOS FABAS E GARAVANZOS

Imaxe
Hoxe xerminamos e plantamos fabas e garavanzos para a nosa horta de aula.  

XERMINAMOS BELLOTAS E CASTAÑAS!

Imaxe
O intento de xerminar feixoas non saíu ben!, pero seguimos intentando xerminar outros froitos do Outono. No patio do cole temos castiñeiros e carballos, así que intentamos xerminar e plantar landras e castañas (e tamén unha feixoa!).