Neste cole temos diferentes recursos que utilizamos para traballar contidos dunha forma lúdica. Aquí vos deixamos un panel interactivo (Interactive Wall).
Unha das actividades propostas polo Equipo de Biblioteca polo 8M foi pedir ás familias que nos enviaran fotos das mulleres importantes na vida do noso alumnado. Na aula 5 fomos coñecéndoas usando os robots de Polos Creativos.
Un ano máis participamos no "Grand Prix Financeiro", dentro dos programas Eduemprende xestionado por Afundación. A través de diferentes actividades traballamos a importancia dos cartos e dos gastos diarios que temos as persoas, ademais de diferenciar o desexo das necesidades.
O domingo foi 8 de marzo, o "Día Internacional da Muller". O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas a realización de diversas actividades relacionadas coas protagonistas femininas de películas e debuxos animados. Ademais estivemos a traballar coa serie " Mulleres incribles ".
Comezamos coas festas do Entroido!. Hoxe disfrace libre, obradoiros e festa! Así o pasamos cos/coas nosos/as compañeiros/as! https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/xoves-de-entroido.html
No Obradoiro de reciclaxe, ademais do papel, tamén fixemos uns adornos para a árbore de Nadal. Cando secaron (que lles levou moito tempo) chegou o momento de pintalos. E para rematar colocámolos na árbore xunto coas bolas de todo o alumnado do cole!
Xa rematamos as nosas postais de Nadal!. Este ano fixémolas co papel de reciclado que fixemos no obradoiro. Aínda que faltan algúns días... A aula 5 do CEE A BARCIA quere desexarvos un Bo Nadal e un Feliz 2026!
O sábado 22 foi o Día da Música, nós celebrámolo hoxe no cole. Co inicio do PDI as nosas familias mandaron ao cole cales eran as nosas cancións ou melodías favoritas relacionadas con películas ou series. Hoxe tiñamos que identificalas e pegalas nun taboeiro. Cando rematamos fixemos un pequeno concerto con diversos instrumentos musicais. Aquí podedes ver como o celebramos cole: CLIC
O martes dixemos NON a violencia de xénero a través da actividade "As nosas mans serven para... e non para mancar". Na aula 5 demos continuidade a esa actividade e fixemos o noso propio mural coas nosas mans. Paula deunos as indicacións do que tiñamos que facer e nós tivemos que organizar e planificar as nosas accións.
Hoxe celebramos o Magosto no cole con diversos obradoiros, música e degustación de castañas! Se queredes ver como o celebramos con todo o cole... fai CLIC