Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

OUTRA CHAMADA MOI ESPECIAL

Imaxe
Se a semana pasada recibimos a chamada de Papá Noel, hoxe recibimos a dos Reis Magos . Pero que ilusión lles fixo!!! (pois que esperen a mañá... sorpresa!!")

MURAL AULA

Imaxe
Na aula 5 temos un anaco de parede pintada cunha pintura especial onde podemos escribir, facer debuxos, actividades de grafomotricidade cun xiz.  Hoxe fixemos un mural para felicitar a tódas aquelas persoas que entren na nosa aula (xa sexa pola porta ou polo blog).  Queredes ver como quedou?

EMPEZA O INVERNO

Imaxe
 Hoxe despedímonos do Outono e démoslle a Benvida ao Inverno. Non hai mellor forma de empezar o inverno que escoitando a Vivaldi!

POSTAIS DE NADAL DA AULA 5

Imaxe
Cada aula do centro elaborou diferentes postais para elixir a que representará ao noso centro. Este ano foi elixida unha postal da aula 7 (Felicidades amigos/as!).  E aquí están as que elaboramos na nosa aula!

UNHA CHAMADA MOI ESPECIAL

Imaxe
Cada neno e nena da aula 5 recibiu unha chamada moi especial hoxe na aula. Sabedes de quen?, nada máis e nada menos que Papá Noel. Que ilusión lles fixo, tiñades que ver esas cariñas... a atención que prestaban ao móbil... Sodes únicos e únicas! A CHAMADA DE PAPÁ NOEL

AXUDAMOS NA RECOLLIDA DOS XOGUETES

Imaxe
Como xa sabedes o noso cole puxo en marcha a campaña de recollida de xoguetes "Xogas ti, xogo eu". A aula 5 (xunto coa 3) axudamos a colocar tódolos xoguetes na entrada.  E así de bonita quedou a entrada cando rematamos: Hoxe pola mañá veu "Cáritas Santiago" a recollelos (a nosa mestra contounos que llos ían entregar a Papá Noel e aos Reis Magos para que llos entregaran a aqueles nenos e nenas que polo motivo que fora non tiñan moitas cousas).

RECUNCHO DE NADAL

Imaxe
Así está o Recuncho de Nadal da aula! (cos traballos que realizamos con Rita a mestra de Relixión e con Paula na aula).

A HISTORIA DO NADAL

Imaxe
 Estes días estivemos a traballar a historia do Nadal. Partimos do seguinte video:  Construimos o noso Portal de Belén: E como non... a estreliña de Nadal

AS GALIÑAS 2 (PROXECTO "A NOSA ALDEA")

Imaxe
 Seguimos a traballar na nosa "Aldea Barciana" coas galiñas. Aprendemos algunhas características. Creamos o galiñeiro e cada mañá as nosas galiñas saen a comer o millo e pola noite durmen no galiñeiro. E empezamos a falar e xogar cos ovos!

XA TEMOS OS XORNAIS DE VOLTA!

Imaxe
Un ano máis a aula 5 participa no programa "Prensa Escuela" organizado polo xornal "La Voz de Galicia". Este curso, polas medidas adoptadas polo centro non nos podemos xuntar coa aula 3... que peniña!.  A dinámica que estamos a seguir é a seguinte:  Os mércores traemos os xornais á aula e buscamos aquelas noticias que son do noso interese ou que consideramos importantes.  Cada un/unha creamos un dossier de noticias que ao longo das semanas traballaremos. As noticias nas que nos estamos a centrar son: Coronavirus e as vacinas. Educación Vial. Animais. Natureza. Deportes. Igualdade. Novas Tecnoloxías. Por exemplo, cando chegou a neve, cada neno tiña: E ao longo da semana traballamos a neve: Tamén elaboramos un material con velcro.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES "XOGAS TI, XOGO EU"

Imaxe
Participamos nun vídeo para animar a comunidade educativa do cole a participar na campaña de recollida de xoguetes "Xogas ti, xogo eu" (dentro do Club de Letras). Elaboramos un mural! Este ano ti podes ser... (os Reis Magos e Papá Noel). Doando un xoguete... Podemos cambiar a cara triste dun neno ou nena por un gran sorriso.

A ÁRBORE DE NADAL

Imaxe
 En que casa non hai unha árbore de Nadal?. Na aula 5 estivemos a traballar con elas. E pouco a pouco creamos as nosas árbores de Nadal.

SUPER5

Imaxe
Todo o alumnado da aula 5 somos "Super5" un/unha superheroe/superheroína que axuda a xente a loitar contra o Covid-19 (un malo, malísimo). Tódolos días recordamos as normas da aula e centro para previr contaxios (ademais de lavar as mans como mínimo 5 veces, ventilar a aula, desinfectar o material...)

CONTAMOS COAS FROITAS

Imaxe
Na aula 5 estamos a realizar actividades de contar usando froitas que nos gustan (material elaborado dentro de Aliméntate ben "Plan proxecta").

MILLA DIARIA 1

Imaxe
Na aula 5 gústanos moito levar un estilo de vida saudable, así que cada camiñamos unha milla (dentro do Plan Proxecta). Se fai bo tempo (e dicir, se non chove) facémola por fóra. E cando chove... a camiñar por dentro do cole!

AS GALIÑAS (PROXECTO: A NOSA ALDEA)

Imaxe
Seguimos a traballar no proxecto "A nosa aldea" coordinado pola Biblioteca. Esta semana empezamos a traballar as pitas e as súas características.

COMEZAMOS A TRABALLAR O NADAL

Imaxe
 Hoxe empezamos a traballar o Nadal! Como se nota que a esta aula lle encanta o Nadal!. Ademais de determinar canto coñeciamos do Nadal empezamos a facer as postais (cando as rematemos xa poñeremos as fotos).

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Para conmemorar o 25N o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propúxonos realizar o seguinte mural. A igualdade é unha realidade no noso centro e aula, fomentando tódolos días que non exista ningunha diferenza por motivo de xénero. Moitas grazas Lucía por axudarnos nesta actividade!

A MILLA DIARIA

Imaxe
Desde o mes de outubro máis ou menos a aula 5 estamos a realizar unha milla cada día (1 milla = 1,6 km). O noso centro solicitou participar no programa "Unha milla diaria" (dentro do Plan Proxecta ). Na resolución provisional estamos admitidos (tamén no programa " Aliméntate Ben "). Así que este ano traballaremos a alimentación saudable e realizaremos exercicio físico diario. 

QUE SORPRESA!

Imaxe
 Despois dun mes chegar a clase e atopar isto... Que alegría!!

APRENDEMOS XOGANDO COAS TICs

Imaxe
Facer sumas(aula 3): https://www.vedoque.com/juegos/granja-matematicas.html Sumas ata 10: https://vedoque.com/juegos/matematicas/suma10/ Sumar ata 20 (aula 3): https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma20&l=es Aprender a usar o rato: https://www.vedoque.com/juegos/muevelamano.html Aprender o son dos animais: https://vedoque.com/juegos/uno/animales/ Aprender colores, números,...: https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=VedoqueUno-Peces&l=es Iniciación lectura: https://vedoque.com/html5/lectura/lectura1/ Contar animais: https://www.vedoque.com/juegos/conjuntos.html