Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

CIANOTIPIA

Imaxe
Avanzamos no PDI "Cinema". Hoxe coñecemos e puxemos en práctica a cianotipia. Anna Atkins foi a primeira muller fotógrafa e gustáballe facer fotos as plantas, mediante unha técnica fotográfica a través da impresión solar chamada, cianotipia, que ven da palabra azul cian, coñeciades esa cor?

TRASLADÁMOLAS AO INVERNADOIRO!

Imaxe
Levamos as nosas plantas ao invernadoiro, xa que hai un sistema de rego automático e así terán auga tódolos días durante a Semana Santa. A esperar a volta das vacacións para ver como están!

NÓS ELIXIMOS A PEGADA VERDE

Imaxe
Queremos un planeta cheo de pegadas verdes!

CHEGA A PRIMAVERA

Imaxe
Continuamos co rexistro dos cambios na Natureza co paso das estacións... estamos en Primavera!

E QUEN É?

Imaxe
Unha das actividades propostas polo Equipo de Biblioteca polo 8M foi pedir ás familias que nos enviaran fotos das mulleres importantes na vida do noso alumnado. Na aula 5 fomos coñecéndoas usando os robots de Polos Creativos.

A NOSA PEGADA NO PLANETA

Imaxe
Sabiades que todos deixamos a nosa pegada no planeta?. Se coidamos o planeta será unha pegada boa, pero se o contaminamos e usamos mal os recursos será unha pegada mala. A aula 5 ten moi claro que pegada quere deixar no planeta, e ti?

PRENSA ESCOLA. 18 DE MARZO

Imaxe
Traballamos co xornal na clase!. Entre os diversos temas dos que falamos hoxe, queremos destacar o dos festivais de música. Como non podía ser doutra forma, nós tamén organizamos o noso!

A AMIZADE!

Imaxe
Cando unha imaxe vale máis que moitas palabras!

OBRADOIRO RADIO ESCOLAR

Imaxe
Comezamos o Obradoiro de Radio Escolar!

AXUDAMOS AO PLANETA!

Imaxe
Saímos a reciclar aos contedores que hai cerca do cole!. Desde que fixeron accesibles as beirarrúas xa podemos ir todos xuntos!. E como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica o traballado na aula para ser peóns e peoas responsables.

GRANDPRIX FINANCEIRO

Imaxe
Un ano máis participamos no "Grand Prix Financeiro", dentro dos programas Eduemprende xestionado por Afundación. A través de diferentes actividades traballamos a importancia dos cartos e dos gastos diarios que temos as persoas, ademais de diferenciar o desexo das necesidades. 

NECESITAN AUGA!

Imaxe
Cada día revisamos as nosas plantas e regámolas!. 

A QUEN COÑECEMOS...

Imaxe
Entre as actividades propostas polo Equipo de Biblioteca está a de elixir unha protagonista feminina dunha película ou de debuxos animados, pintala e falar de como é.

COMO CAMBIA A NATUREZA

Imaxe
Seguimos observando os cambios na natureza co paso das estacións!

8M

Imaxe
O domingo foi 8 de marzo, o "Día Internacional da Muller". O Equipo de Biblioteca propúxonos ás aulas a realización de diversas actividades relacionadas coas protagonistas femininas de películas e debuxos animados. Ademais estivemos a traballar coa serie " Mulleres incribles ".

AUGA. FONTE DE VIDA

Imaxe
A patrulla EcoBarcia prosegue o seu camiño para axudar ao noso planeta!.

PRENSA ESCOLA 11 DE MARZO

Imaxe
O xornal chega a nosa aula todos o Mércores co Programa "Prensa-Escola" do xornal "La Voz de Galicia".

DÍA DA GAITA

Imaxe
Hoxe é o "Día da Gaita"!. Invadimos a aula de música para que o noso mestre Telmo nos ensinase este instrumento que forma parte da nosa cultura e é indispensable en toda romaría.

FALTAN POUCOS DÍAS...

Imaxe
Levamos un tempo preparando unha actuación xunto con outras aulas... pero é un segredo... non podemos dicir nada...

CORES E AUGA

Imaxe
Estamos a traballar conxuntamente a auga e as cores a través de actividades sensoriais e experimentando coas mesturas.

MES DE MARZO!. Días especiais.

Imaxe
Mesturamos o calendario que veu con "La Voz de Galicia" e o noso calendario "de días especiais" e aquí tedes o resultado.

ÉRASE UNHA VEZ...

Imaxe
A través dun maletín máxico deixamos voar a nosa imaxinación e contamos un conto. Cada un/unha temos uns personaxes e xuntos creamos unha historia. Hoxe "Animais da Selva". A través de un maletín mágico dejamos volar nuestra imaginación y contamos un cuento. Cada uno/una tenemos unos personajes y juntos creamos una historia. Hoy "Animales de la Selva".

A ENERXÍA

Imaxe
Rematamos o bloque da enerxía, aprendemos para que a usamos, os tipos de enerxía que hai e como podemos axudar ao planeta ao noso planeta.

OS MÉRCORES... PISCINA

Imaxe
Todos os mércores temos piscina (actividade acuática con mestres/as). Nela experimentamos e sentimos o noso corpo no medio acuático. Non fai falta que vos digamos como o pasamos, verdade?

COMO FOI O INVERNO?

Imaxe
O xornal de hoxe pon que este ano non fixo moito frío no Inverno... pero nós non estamos tan de acordo.

PRENSA ESCOLA 4 DE MARZO

Imaxe
Traballamos co xornal na aula...moitas noticias malas!

ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
O 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos que léramos unhas poesías de Rosalía e elixiramos as palabras que máis nos gustaran (aproveitamos esta actividade para conmemorar o Día da Lingua Materna que foi o 21 de febreiro). Na aula 5 eliximos as palabras compoñendo as poesías e usando pictogramas. E aquí tedes as palabras que eliximos!

A IMPORTANCIA DA AUGA

Imaxe
Cada semana coidamos das nosas plantas. Como seres vivos que son, necesitan a luz do sol e a auga para vivir.

ESTÁ A CHEGAR A PRIMAVERA!

Imaxe
Neste mes comeza a Primavera, pero xa a notamos nas plantas do patio. En este mes empieza la Primavera, pero ya la notamos en las plantas del patio.

COCORICO NA MULTISENSORIAL

Imaxe
Este luns e o pasado, na aula multisensorial, experimentamos con Cocorico coa mestra Rita. Que rico estaba o noso biscoito!