Un ano máis a aula 5 participa no programa "Prensa Escuela" organizado polo xornal "La Voz de Galicia". Este curso, polas medidas adoptadas polo centro non nos podemos xuntar coa aula 3... que peniña!. A dinámica que estamos a seguir é a seguinte: Os mércores traemos os xornais á aula e buscamos aquelas noticias que son do noso interese ou que consideramos importantes. Cada un/unha creamos un dossier de noticias que ao longo das semanas traballaremos. As noticias nas que nos estamos a centrar son: Coronavirus e as vacinas. Educación Vial. Animais. Natureza. Deportes. Igualdade. Novas Tecnoloxías. Por exemplo, cando chegou a neve, cada neno tiña: E ao longo da semana traballamos a neve: Tamén elaboramos un material con velcro.