Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2021

LIMPANDO E ORGANIZANDO O APARTAMENTO

Imaxe
No cole temos un apartamento onde podemos practicar as tarefas do fogar. Como queremos telo todo limpiño e organizado puxémonos mans a obra (pero aínda nos quedan uns cantos días...). O que máis nos gustou... o aspirador.

XERMINAMOS SEMENTES DE MAZÁS

Imaxe
Cando faciamos o noso batido separamos as sementes das mazás para xerminalas e así poder ver como a partir dunha semente nace unha árbore (se temos sorte!)

BATIDO DE FROITA

Imaxe
 Hoxe preparamos a nosa merenda de media mañá! 1- Lavamos as mans. 2-  Lavamos as froitas. 3-  Pelamos as froitas. 4-  Recollemos! 5- Todo para o batedor! 6- A cendemos o batedor e t oca esperar ...  7- Que rico!

QUE SERÁ?

Imaxe
No patio do cole hai colocadas unhas frechas... para que serán?. En próximas entradas xa vos daremos máis pistas.

XOGAMOS COA GRAFOMOTRICIDADE

Imaxe
Todo momento e bo para xogar coa grafomotricidade!. Canto traballaron na aula 5.

E CANDO FAI SOLIÑO... AO PATIO

Imaxe
Os días que fai bo tempo saímos ao patio no recreo. Encántanos!!!

BUSCANDO O OUTONO

Imaxe
Hoxe saímos ao patio a buscar o Outono, aínda que empezou fai poucos días xa o podemos atopar ... Estivemos xunto a un dos castiñeiros do cole e falamos dos ourizos e das castañas e con moito coidadiño tocámolo. Tamén tocamos e sentimos o musgo.

CHEGOU O OUTONO

Imaxe
Dixemos adeus ao Verán e empezamos o Outono. Estamos a traballar cun Edilim as principais características de esta estación. Aquí vos deixamos unha canción do Outono "Chegou o Magosto" E o Outono de Vivaldi

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Na aula 5 xa é unha tradición o mural "O que sobra". Un mural onde o alumnado da aula exprésase a través da arte, usando a pintura ou materiais que nos sobran das actividades. E onte empezamos a facelo!

CUNCHIÑA

Imaxe
Coñecedes a Cunchiña? É a mascota do Xacobeo 2021-22.  Este curso, o Camiño de Santiago, vai estar moi presente no noso cole. Así que na aula 5 debuxamos, xogamos e aprendemos con Cunchiña.

COMO ESTAMOS?

Imaxe
Cada mañá, dentro das rutinas da aula, temos que dicir como estamos. Na aula 5 sempre estamos CONTENTOS E CONTENTAS!

FACEMOS COMPOTA DE MAZÁ

Imaxe
Coas mazás que recollemos no patio do cole, fixemos unha rica e sa compota de mazá. A receita que fixemos podédela ver na entrada anterior. Comezamos: 1- Lavamos as mans. 2- Lavamos as mazás. 3- Pelamos as mazás. 4- Cortamos as mazás. 5- Engadimos os ingredientes que faltan. 6- Poñemos a pota na cociña e revolvemos. 7- Limpamos a mesa. 8- Deixamos que se arrefríe e para o batedor.  9- E lista para comer!

COMPOTA DE MAZÁ. RECEITA

O martes fomos ao apartamento do cole e fixemos unha sa e rica compota de mazá. Aquí vos deixamos a nosa receita por se vos animades a facela na casa. Compota de mazá from ceeabarcia

E MENTRAS LIMPAMOS...

Imaxe
Mentres sacabamos as malas herbas do invernadoiro atopamos pementos e cebolas que quedaron do curso pasado. Recollémolos e para a cociña do cole!

UFF!!! COMO MEDRARON

Imaxe
 Así atopamos o invernadoiro do cole! Pero como medraron as malas herbas!. Xo vos podedes imaxinar en que estamos a traballar...

PRIMEIROS DÍAS DE CURSO. COLLEMOS MAZÁS!

Imaxe
Que bo tempo fixo os primeiros días de curso. Aproveitamos para ir ao patio a recoller mazás. Recollemos as mazás da maceira, falamos desta rica froita, buscamos aquelas que tiñan verme, contámolas e levámolas para o apartamento do cole. Xa vos iremos contando... este curso oiredes falar moito do "Estilo de vida saudable".

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Imaxe
Xa estamos de volta!. Empezamos un novo curso con moita ilusión, moitas ganas de traballar e de aprender xuntos e xuntas.  Así que rapaces e rapazas da aula 5, esperamos que collérades moita enerxía este verán!