Despois de camiñar fomos ao apartamento do cole. E que fai falta para fregar os cacharros? Pois veña, a fregar cacharros! E despois aclaramos os cacharros. Que limpiños quedaron!
Hoxe comezamos a facer a Milla Diaria por fóra do centro. Encantounos a experiencia e esperamos realizala como mínimo dúas veces á semana. Estivemos moi pendiente das normas que demos seguir como peóns e peoas responsables!
O xoves 16 e o venres 17 celebramos no cole o Entroido! Así de guapos/as fomos a disco. O 3º nivel fomos de cenorias! (moi relacionado co estilo de vida saudable que fomentamos!)
Un día máis traballamos co xornal na aula, comentando aquelas novas máis destacadas e aumentando os nosos paneis. Sempre nos paramos un pouquiño máis en aquelas noticias relacionadas co Educación Viaria, a saúde, a alimentación e o coidado do medio ambiente e dos animais.
O 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz". Como ese día tivemos que suspender a solta de pombas, fixémola hoxe. Primeiro cada nivel pintou unha pomba e despois interaccionamos coas pombas antes de que comezaran a voar de camiño a súa casa (son pombas mensaxeiras!).
Nas primeiras horas tocou invernadoiro e agora "A horta de 5". Seguimos plantamos! 1º- Botamos a terra. 2º- Botamos as sementes! Que ben cheiran! 3º- E por último tapámolas e regamos! Despois estivemos a traballar as plantas!
A semana que ven imos plantar leitugas, así que tocounos limpar o invernadoiro. Traballo en equipo! Traballamos un montón! E sabedes a que atopamos? A Pipo! Así quedaron os nosos guantes, esperando a ser usados de novo.
Mañá iremos de excursión ao Supermercado Gadis dentro do Programa " Gadis Alimentes ". Hoxe estivemos a traballar as diferentes seccións do supermercado!
Hoxe traballamos co xornal na aula!. Xa non temos que usar a máscara no transporte (que sorte!, mañá na excursión non a teremos que levar!), houbo un incendio forestal, chega o Entroido cos cocidos e as filloas, o coidado dos animais... foron algunha das noticias das que falamos. E despois completamos os nosos paneis!
Hoxe é o "Día de enviar unha carta a un amigo/a". A quen lle enviamos unha carta?. Aos nosos veciños da aula 6 (difícil elixir, xa que no cole temos moitísimos amigos e amigas). Como estaban en algunha especialidade, deixámoslle a carta na súa aula!
Estes días fai moitísimo frío, temos que vir abrigados!!!! Hoxe traballamos a roupa de abrigo! Ademais, dentro das rutinas diarias, buscamos a roupa que traemos posta.
A semana pasada recollemos terra. E esta semana toca plantar. O primeiro que plantamos foi "Romero" E transplantamos as fabas, os garavanzos e as lentellas que xerminaron (as sementes de sandía, non...). Agora témolas que coidar tódolos días e a esperar!