A aula 5 estivemos a practicar algúns dos posibles experimentos da celebración do Samaín... algún é un pouco noxento. XELATINA XOGAMOS COA ESPUMA DE AFEITAR PINTURA CON RELEVO FIXEMOS SLIME
Xa acenderon a calefacción do cole, as nosas plantas corren perigo. Tivemos que transplantar as nosas plantas xa que a calefacción non lle senta moi ben... agora témolas en macetas na entrada da aula.
O alumnado da aula 5 e 7 xuntámonos para traballar o conto "O Monstro de cores". Co arroz que pintaron na aula 11 e 12 fixemos dous monstros de cores, un en papel e outro cun guante.
Desde fai uns días estamos a realizar un pequeno proxecto de investigación sobre Luz Casal (a raíz dunha noticia de "La Voz de Galicia"). 1- O primeiro que fixemos foi buscar información sobre quen era Luz Casal. 2- Preparamos unha enquisa e realizámoslla aos traballadores/as do cole. 3- Analizamos os resultados da enquisa. 4- Estamos na última fase do noso proxecto, creando códigos QR coas cancións que nos foron dicindo.
Un mércores máis temos o xornal na aula 5. Hoxe estivemos a traballar o tempo, por que será?... Pasamos de moita calor a chuvia e frío! E cos restos das follas que recortamos... a encestar!
Na aula 5 estivemos a crear un abecedario moi colorido!. A través deste abecedario crearemos un pequeno dicionario e tamén pintaremos as letras usando a aplicación que nos ensinaron no PDI da Biblioteca.
Resolvemos o misterio da auga desaparecida!!!. Tras analizar posibles hipóteses como que alguén a collera, algún animaliño que bebía auga... pois non, a auga evaporouse!.
A aula 11/12 preparou un contacontos moi especial de "O Monstro de Cores"... e quen se colou nela? Despois subíronos á aula a súa bandexa sensorial con arroz pintado de moitas cores e un monstro feito de espaguetes rosas!!! Moitas grazas rapaces e rapazas da aula 11/12 e a Rita e Súe, as súas mestras. E xa sabedes, cando preparedes outro xa sabedes quen vai aparecer!!!