Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2024

PETRÓGLIFOS I. POLOS CREATIVOS

Imaxe
Dentro do programa "Polos Creativos" estamos a coñecer os petróglifos.  O primeiro reto que nos propoñen é "Sentimos os petróglifos".  Sentimos e imaxinamos como son. Debuxamos como cremos que son e comparámolos co debuxo. E para rematar debuxamos e rotulamos o petróglifo, 

PRENSA ESCOLA 29 DE FEBREIRO

Imaxe
Un mércores máis os xornais entran na aula 5!.

MEDIMOS O TEMPO

Imaxe
Comezamos a traballar a medida do tempo, como as persoas utilizamos diferentes formas para organizalo. Comezamos cos anos, meses e días. 

A FACER A COMPRA!

Imaxe
No apartamento do cole temos un pequeno mercado, aí que fomos mercar os ingredientes para o menú de hoxe!.

21 DE FEBREIRO. DÍA DA LINGUA MATERNA

Imaxe
O 21 de febreiro celébrase o Día da Lingua materna. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propúxonos unha serie de actividades. Entre elas un photocall, elixir a palabra que máis nos gustaba, asociar imaxes de seres mitolóxicos, atopar imaxes e nomes...

PRENSA ESCOLA 21 DE FEBREIRO

Imaxe
E os mércores.... Prensa Escola! Hoxe falamos de Rosalía de Castro, de Operación Triunfo, dos tractores que estiveron por Santiago, recordamos o Covid...

XERMINANDO MAZÁS!

Imaxe
No comedor do noso cole comemos moita froita. peras, plátanos, mazás... A nosa mestra subiu unhas pebidas de mazás para ver se eramos capaces de xerminalas... xa somos uns expertos!!! E a deixalas tapadas e ás escuras por uns días...  Xerminou unha!. Pasámola a unha maceta. E hoxe abrimos o tapper e había outra!!!

FESTA DO ENTROIDO NO COLE!

Imaxe
Tras varios días elaborando o noso disfrace.... Chegou o día da Festa do Entroido! Este ano o disfrace do cole era de "Chef", nel puxemos as nosas comidas favoritas.

IMOS A DISCOTECA!

Imaxe
Hoxe fomos a discoteca Scala de Padrón a celebrar o Entroido! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/02/xoves-de-entroido-discoteca.html

BUSCANDO O LOGO DA BIBLIOTECA

Imaxe
O 30 de xaneiro foi o Día da Ilustración . Desde o Equipo de Biblioteca pedíronos a tódalas aulas que deseñáramos o logo da Biblioteca.  Primeiro traballamos os logos que vemos día a día... E despois a deseñar o noso! Como aínda non se elixiu o logo da Biblioteca, hai que esperar para ver o noso!

COÑECENDO A NOSA COSTA. REMATE

Imaxe
Xa rematamos o traballo da nosa costa! e comezamos un novo... Ademais da milla diaria que realizamos tódolos días no cole, a través das novas tecnoloxías vimos as praias polas que camiñamos. Localizámolas nun mapa! E no corredor debuxamos o noso camiño! Continuamos con Porto do Son e as Illas Galegas!