Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

LINCE. NORMAS DE XOGO

Imaxe
Na Biblioteca do centro hai xogos de mesa para pasar un bo rato cos compañeiros/as, pero é moi importante establecer unhas normas e saber como se xoga. Na aula 5 empezamos a facer pequenos carteis coas normas de cada xogo. O primeiro "O lince".

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Que ben o pasamos na celebración do Samaín. Deixámosvos o enlace ao blog do cole para que podades ver todo o que fixemos! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/samain-2024.html

A NOSA CABAZA!

Imaxe
Hoxe baleiramos e decoramos a nosa cabaza! E mañá celebramos o SAMAÍN!

O TREN DA BRUXA-MEIGA

Imaxe
O Equipo de Biblioteca deixounos unha caixa con contos relacionados co Samaín e coa emoción do medo!. Ademais agasallounos ás aulas co conto "Unha bruxa divertida". Entre as diversas actividades que nos propuxeron está a de decorar o "vagón da aula 5" e pintar e colocar as bruxas/Meigas. 

DÍA DA PASTA

Na aula 5 gústanos moito a pasta!. No apartamento, xunto coa aula 7, cociñamos e probamos diferentes tipos de pasta. https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-da-pasta.html

PRENSA ESCOLA. 23 OUTUBRO

Imaxe
E hoxe na aula 5... PRENSA ESCOLA!.

O FUME DE PORTUGAL CHEGA A GALICIA

Imaxe
Aínda non comezamos "Prensa Escola", pero na aula 5 gústanos coñecer as noticias que acontecen.

COIDAMOS O NOSO CORPO

Imaxe
"Coidamos o noso corpo" é o título que lle puxemos a un pequeno proxecto que realizaremos ao longo de todo o curso. A través de diferentes actividades aprenderemos a coidar ao noso corpo.

DÍA MUNDIAL DE PROTECCIÓN DA NATUREZA

Imaxe
Hoxe é o "Día Mundial de Protección da Natureza"!. Na aula estivemos a traballar cun recurso elaborado o curso pasado sobre a importancia de coidar os Bosques. E moi importante, que podemos facer nós para axudar aos bosques!

DÍA DO PAN

Hoxe fixemos un rico e diferente pan no apartamento, xunto co alumnado da aula 7. Se queredes vernos, facede clic no enlace ao blog do cole! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-do-pan.html

PRENSA ESCOLA 16 DE OUTUBRO

Imaxe
Como nos gutan os mércores!. O xornal entra na nosa aula...

DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Imaxe
Hoxe é "Día Mundial do lavado de mans"!. Unha pequena acción tan importante para a nosa saúde. 

DÍA MUNDIAL DO OVO

Imaxe
Hoxe é o "Día mundial do ovo" así que fomos ao apartamento, xunto coa aula 7, e fixemos ovos cocidos, fritos e tortilla de ovo. Aquí tedes o enlace do blog do noso cole! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/10/dia-mundial-do-ovo.html

DÍA MUNDIAL DO CORREO

Imaxe
Hoxe é o "Día Mundial do Correo". Na aula5 escribimos un correo electrónico aos centros educativos do alumnado en escolarización combinada.

PRENSA ESCOLA. 9 DE OUTUBRO

Imaxe
Que nos contará hoxe o xornal?

DÍA DO SORRISO

Imaxe
Hoxe é o "Día do sorriso". Na aula estivemos a falar das cousas que nos fan rir e realizamos un pequeno mural na mesa. Como nos gusta ver un sorriso na cara da xente!.

GALICIA MÁXICA: PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Imaxe
Hoxe ao chegar á aula tiñamos unha sorpresa! Comezamos o PDI "Galicia Máxica", coordinado pola Biblioteca do centro en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A través de diferentes actividades e retos coñeceremos moitas cousas desta marabillosa terra na que vivimos.

PREPARANDO O APARTAMENTO

Imaxe
Apartamento listo!. Eestivemos a preparar o apartamento (revisando datas de caducidade e limpando).

O CALENDARIO DE "DÍAS DE..."

Imaxe
Este curso usamos o calendario de Google para apuntar os días que son importantes relacionados co noso traballo na aula.