A MÁSCARA DO LEÓN. DÍA DO TEATRO

Hoxe foi o "Día do teatro" e no cole fixemos a representación do conto "A máscara do león". Sempre que organizamos unha actividade a nivel de centro hai un traballo previo en cada aula. Fai uns días tiñamos unha sorpresa ao entrar na clase! Entradas para a obra de teatro e uns debuxos para pintar sobre o conto!. Ademais destas actividades, estivemos investigando sobre os animais salvaxes e convidámolos a vir a nosa aula!. No blog do cole " O RECUNCHO DOS SONOS " podedes ver a entrada sobre o "Día do Teatro".