Ademais de coñecer que acontece no mundo que nos rodea, o traballo co xornal permítenos manter conversas e intercambio de experiencias moi enriquecedoras.
O xornal do mércores falaba da pintora galega Maruxa Mallo. Os e as artistas da aula 5 fixeron unhas réplicas moi orixinais dalgunhas das súas obras. E aquí está a exposición!
O intento de xerminar feixoas non saíu ben!, pero seguimos intentando xerminar outros froitos do Outono. No patio do cole temos castiñeiros e carballos, así que intentamos xerminar e plantar landras e castañas (e tamén unha feixoa!).
Que será? Unha feixoa!. No patio do cole temos unha feixoa. Esta semana coñecemos esta árbore e o seu froito. E intentamos xerminar a súa semente. E coñecemos un pouquiño máis dela.