Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

FESTIVAL DE NADAL

Imaxe
Hoxe está a  ser un día moi intenso e cheo de emocións. Ademais da visita tan especial fixemos un photocall onde nos transformamos no apalpador e nos trubincos! Queredes ver os guapos e guapas que estabamos?  https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/01/quen-os-viu-polo-nadal.html

QUE SORPRESA!

Imaxe
Hoxe viñeron os Reis Magos o Papá Noel ao cole cargadiños de agasallos! E tiñamos un agasallo moi especial para a nosa mestra...pero polo momento non podemos  contar moito deste agasallo. Inmortalizamos o momento cun Selfie!

ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Imaxe
No Obradoiro de reciclaxe, ademais do papel, tamén fixemos uns adornos para a árbore de Nadal. Cando secaron (que lles levou moito tempo) chegou o momento de pintalos. E  para rematar colocámolos na árbore xunto coas bolas de todo o alumnado do cole!

MOVENDO O ESQUELETO

Imaxe
Que ritmo temos na aula 5! Pero temos un segredo...xa temos moita práctica... nas clases de Educación Física tamén practicamos moito!

POSTAIS DE NADAL

Imaxe
Xa rematamos as nosas postais de Nadal!. Este ano fixémolas co papel de reciclado que fixemos no obradoiro. Aínda que faltan algúns días... A aula 5 do CEE A BARCIA quere desexarvos un Bo Nadal e un Feliz 2026!

RECICLAMOS. PATRULLA ECOBARCIA

Imaxe
Esta semana a "Patrulla EcoBarcia" realizou dúas saídas aos contedores de papel e plástico que hai na contorna do centro. Seguimos pedindo que nos coloquen un contedor de papel e plástico diante do cole... pero polo momento a desprazarnos. Todo sigue igual, a pesar de solicitar o curso pasado a eliminación das barreiras arquitectónicas que atopamos nas nosas saídas... nada, aí estaban, no mesmo sitio!

FANTASMAGORIE

Imaxe
Sabedes o que é Fantasmagorie?. Foi a primeira película de animación da historia e non tiña son, era soamente imaxes (cine mudo). Fixemos uns debuxos que resaltaban nun fondo negro... Maxia!

CADERNO DE CAMPO. DECEMBRO

Imaxe
Falta pouco para o Inverno e moitas das nosas árbores están sen follas!

AS NOSAS EMOCIÓNS

Imaxe
Coa mestra Irene traballamos as nosas emocións!

XORNAL 10 DE DECEMBRO

Imaxe
Como nos gusta saber o que acontece no mundo e compartir experiencias!

XOGANDO COA VENTÁ MÁXICA

Imaxe
Gústavos a nosa ventá máxica?

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

Imaxe
O xoves e o venres realizamos no cole un obradoiro para elaborar papel reciclado. O 3º nivel, o mércores, rompemos os xornais e anacos pequenos (os de prensa escola) e o xoves realizamos o obradoiro. A aula 5 volvemos hoxe ao apartamento a intentar facer figuras de Nadal con papel reciclado. Enlace á publicación do blog do centro: CLIC

TERAPIA CANINA 5 DE DECEMBRO

Imaxe
Hoxe tivemos Terapia Canina!

COÑECEMOS OS OVOS

Imaxe
Tivemos que apagar a neveira do apartamento para que desconxelara... como había ovos que xa non se podían comer decidimos facer uns pequenos experimentos para coñecelos un pouquiño máis: cocemos ovos (non todos!), soltámolos desde unha altura, batémolos, tocámolos, intentamos crear unha pelota que rebota...

DÍA DA MÚSICA

Imaxe
O sábado 22 foi o Día da Música, nós celebrámolo hoxe no cole. Co inicio do PDI as nosas familias mandaron ao cole cales eran as nosas cancións ou melodías favoritas relacionadas con películas ou series. Hoxe tiñamos que identificalas e pegalas nun taboeiro. Cando rematamos fixemos un pequeno concerto con diversos instrumentos musicais. Aquí podedes ver como o celebramos cole: CLIC

COIDAMOS A NOSA HORTA DE AULA!

Imaxe
Cada día revisamos e coidamos a nosa horta de aula!

AULA MULTISENSORIAL. O GRINCH

Imaxe
Hoxe na aula multisensorial sentimos co Grinch.