Saímos a reciclar papel e plástico coa aula 7!. Estamos moi contentos xa que eliminaron as barreiras arquitectónicas das beirarrúas. E por suposto, fomos peóns e peoas responsables! Enlace ao blog do centro: https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/saimos-reciclar.html
Escribímoslle un email moi especial a nosa compañeira para animala e que se poña ben moi pronto. Tamén lle mandamos un audio que seguro que fai que poña un sorriso na súa cara.
Comezamos coas festas do Entroido!. Hoxe disfrace libre, obradoiros e festa! Así o pasamos cos/coas nosos/as compañeiros/as! https://ceeabarcia.blogspot.com/2026/02/xoves-de-entroido.html
A patrulla "EcoBarcia" está a aprender como axudar ao planeta usando a regra das 3 R: R ecicla. R educe. R eutiliza. Tamén xogamos na PDI! https://wordwall.net/es/resource/106735456 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/27616678-sabemos_reciclar.html
Revisamos as nosas plantas... Os nosos garavanzos secáronse... pero transplantamos unha castaña e as xudías medran moito!. Comezamos a facer as tarxetas para cada maceta no ordenador.