A través dun maletín máxico deixamos voar a nosa imaxinación e contamos un conto. Cada un/unha temos uns personaxes e xuntos creamos unha historia. Hoxe "Animais da Selva". A través de un maletín mágico dejamos volar nuestra imaginación y contamos un cuento. Cada uno/una tenemos unos personajes y juntos creamos una historia. Hoy "Animales de la Selva".
Todos os mércores temos piscina (actividade acuática con mestres/as). Nela experimentamos e sentimos o noso corpo no medio acuático. Non fai falta que vos digamos como o pasamos, verdade?
O 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos que léramos unhas poesías de Rosalía e elixiramos as palabras que máis nos gustaran (aproveitamos esta actividade para conmemorar o Día da Lingua Materna que foi o 21 de febreiro). Na aula 5 eliximos as palabras compoñendo as poesías e usando pictogramas. E aquí tedes as palabras que eliximos!