Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

E UNHA DESPEDIDA!!!

Imaxe
Hoxe rematou as súas prácticas Noelia, a mestra en práctica que estivo na nosa aula. Ímola botar moitísimo de menos... MOITAS GRAZAS!!! E antes de irse fíxonos un agasallo moi bonito e persoal!. Recoñecedes as persoas deste debuxo?

OUTRA VISITA MOI ESPECIAL

Imaxe
Hoxe tamén visitou o noso centro o alumnado de 3º da ESO do  CPR Plurilingüe Divino Maestro. Con eles fixemos unhas actividades (xogo con pelota, antefaces, imitacións de animais e mímica), pintáronos a cara e as uñas e por último cantáronnos unhas panxoliñas de Nadal! Cando marcharon... sesión de karaoke e baile!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Imaxe
 Hoxe recibimos na aula a.... Si, si... As súas Maxestades de Oriente e o seu amiguiño Papá Noel viñeron ao noso centro a saudarnos, pero tamén traían un agasallo! E antes de marchar, unha foto de grupo!

OS NOSOS PANEIS DE PRENSA ESCOLA

Imaxe
 Coas noticias e informacións dos xornais creamos uns paneis en función dos nosos intereses. 

LA VOZ DE LA BARCIA. DECEMBRO

Imaxe
Aquí tedes unha nova edición do noso xornal! E aquí os redactores e xornalistas!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 21 DE DECEMBRO

Imaxe
Hoxe nova sesión cos xornais na aula 5. Sabedes que hoxe empeza o Inverno?

ADORNOS DE NADAL V

Imaxe
Seguimos a crear os nosos adornos ao mesmo tempo que traballamos moitos outros aspectos como as formas, partes do corpo, o Nadal e as eleccións. Onte vimos un conto de Nadal onde saía Papa Noel e o seu reno Rodolfo. Así que hoxe creámolos na clase.  Así quedaron as nosas obras! E non vaia ser o demo, as nosas mestras apuntáronse a debuxar o seu agasallo de Nadal!

SE CHOVE...DEIXA CHOVER!

Imaxe
Esta é a nosa canción para os días de chuvia!

RODOLFOS!

Imaxe
Hoxe a aula 5 transformouse en Rodolfo, o reno de Papa Noel! Moi guapos nas fotos, pero o noso intento de selfie.... non saiu tan ben!

ADORNOS DE NADAL IV

Imaxe
Xa está listo o noso mural! É moi bonito, pero falta algo.... Os protagonistas!!!

ADORNOS DE NADAL III

Imaxe
Na aula 5 creamos a nosa árbore de Nadal e ao mesmo tempo traballamos as figuras xeométricas, os números, as cantidades e as nosas eleccións.  O primeiro que fixemos foi identificar a forma que tiña e despois debuxala e pintala.  Identificamos a forma das bolas e xogamos cos dados e as boliñas de papel. Cada un/unha lanzou o dado e pegou tantas boliñas como número sacou.  Para pintar as bolas da árbore, primeiro elixiamos unha cor e despois lanzamos o dado, cada un/unha pintou tantas bolas como número sacou. Para rematar escribimos a nosas Felicitacións de aula. Quedou secando na aula, así que o luns amosaremos a nosa árbore!!!

ADORNOS DE NADAL II

Imaxe
A creación de adornos de Nadal permítenos xogar con varias técnicas e instrumentos. Nesta ocasión usamos uns difusores/lanzadores de pintura. 

TERAPIA CANINA

Imaxe
Hoxe tivemos Terapia Canina!. Como nos gusta recibir a visita dos nosos amiguiños peludos.

XORNAL, DADOS E NÚMEROS!

Imaxe
Na aula 5 buscamos formas divertidas para traballar os números! Fixemos boliñas coas follas dos xornais de onte, lanzamos os dados xigantes e a colocar tantas bolas como puntiños saíron.

XORNAL MÉRCORES 14 DE DECEMBRO

Imaxe
Un mércores máis traballamos cos xornais na aula.  Falamos das noticias que nos pareceron máis interesantes e ampliamos os nosos paneis informativos.  Unha das noticias falaba dun peixe moi grande e sabedes a quen nos recordou... A Nadarín!.  E tamén apareceu no xornal o grupo Migallas, que fai anos veu ao noso centro!

EDUCACIÓN VIAL

Imaxe
Xunto cos nosos compañeiros da aula 3, estivemos a traballar a Educación Viaria na Pantalla Dixital Interactiva (PDI). Utilizamos un recurso que foi elaborado no centro fai uns anos: Actividades Lim "Autoescuela Amodiño".

ADORNOS DE NADAL I

Imaxe
Falta pouquiño para as vacacións de Nadal e toca adornar o cole!.  Na aula 5 comezamos a facer os nosos adornos. Mirade que bonitas as nosas mans con Papá Noel, Rodolfo e os Reis Magos!

PRENSA ESCOLA. 7 DECEMBRO

Imaxe
Nova sesión de Prensa Escola! O mércores estivemos a traballar co xornal na aula. De tódalas noticias que traballamos houbo dúas que fixeron que sairamos da aula: Quedamos eliminados do Mundial. A selección Española non tivo moita sorte nos penaltis... Iso foi porque non levou ao alumnado da aula 5, expertos/as tiradores de penaltis! Na Catedral de Santiago xa teñen o Belén. E no CEE A Barcia tamén, está na entrada do cole. Fomos velo e a buscar as figuras máis importantes!

TARXETAS DE NADAL!

Imaxe
Xa temos listas as nosas tarxetas de Nadal!, pero como aínda non se elixiu á que representa ao centro para felicitar o Nadal temos que esperar uns días para ensinalas!!!

COMO MEDRAN!

Imaxe
Mirade como medran as nosas cabazas!. Sacámolas ao corredor, xa que a calefacción non é moi boa para elas.

"MURAL DO QUE SOBRA"

Imaxe
Unha das actividades que máis nos gusta é "Mural do que sobra", xa que a realizamos todos xuntos e xuntas!