ADORNOS DE NADAL III
Na aula 5 creamos a nosa árbore de Nadal e ao mesmo tempo traballamos as figuras xeométricas, os números, as cantidades e as nosas eleccións.
O primeiro que fixemos foi identificar a forma que tiña e despois debuxala e pintala.
Identificamos a forma das bolas e xogamos cos dados e as boliñas de papel. Cada un/unha lanzou o dado e pegou tantas boliñas como número sacou.
Para pintar as bolas da árbore, primeiro elixiamos unha cor e despois lanzamos o dado, cada un/unha pintou tantas bolas como número sacou. Para rematar escribimos a nosas Felicitacións de aula.
Quedou secando na aula, así que o luns amosaremos a nosa árbore!!!
Comentarios
Publicar un comentario