Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

Así é a nosa boca

Imaxe
Seguimos traballando co noso corpo a través do proxecto “Así son eu”. Xogamos a recoñecer a nosa boca e a dos compañeiros (algo máis complicado nestes tempos de máscara) e as súas partes. Buscamos os nosos dobres de cartón e colocámoslle a boca para ir formando a nosa cara.

Creamos con catro cores

Imaxe
Hoxe traballamos coas catro cores básicas: azul , verde , amarelo e vermello . Practicamos cun xogo de identificación e clasificación, fixemos un reparto de ceras de cores (contamos e colocamos en recipientes) e deixamos voar á nosa creatividade. Mirade que obras saíron...

Xogos de patio

Imaxe
No recreo gústanos xogar nas randeeiras, coa pelota, escoitar música, pasear... Hoxe apeteceunos facer construcións con area. Estase tan ben ao aire libre con este tempiño de primavera...

Terapia canina (3)

Imaxe
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Saudamos, acariciamos e paseamos aos nosos canciños preferidos do cole.

Mascotas do camiño

Imaxe
Xa coñecedes a Cunchiña , a mascota do camiño deste Ano Xacobeo (2021-2022). Durante estes días coñecemos outras mascotas que protagonizaron anteriores Anos Santo. Presentámosvos a Pelegrín , Xubi e Pingriño . No blog do cole podedes ver moitas máis curiosidades sobre O Camiño: http://ceeabarcia.blogspot.com/search/label/unha%20milla%20diaria

Imos de colleita

Imaxe
De cando en cando baixamos a apañar leitugas e amorodos . As leitugas entregámolas na cociña e os amorodos... ummm, que ricos estaban!

A boca

Imaxe
Para que usamos a boca? Que partes ten? Con cal delas podemos saborear a comida? Temos poucos ou moitos dentes? Como debemos lavalos? Sabemos contar dentes? Estas son algunhas das cuestións que estamos a traballar na aula 5 a través do proxecto “ Así son eu ” . Nestes días, a parte do noso corpo protagonista é a boca .  Mirade, mirade...

Adeus inverno!

Imaxe
En cada estación traballamos sobre os elementos máis característicos da mesma: o clima, a roupa máis adecuada, comidas e festexos típicos, a paisaxe... Aquí tedes un resumo de todo o traballado sobre o INVERNO , no noso libriño de aula.

Merendas saudables

Imaxe
A través do Programa de froita e leite escolar , promovemos unha alimentación saudable. Hoxe baixamos ao apartamento do cole para saborear as froitas coas que levamos traballando uns días. Primeiro lavamos as mans e as froitas. Clasificámolas e pelámolas para despois facer anaquiños. Repartímolas, puxemos a mesa e a comer. Despois de limpar, fomos en busca da planta da fresa que temos no centro e, como vedes, xa lle saíron os froitos. Teremos que esperar un pouquiño ata que maduren para recollelas.

A familia

Imaxe
Coa mestra de relixión estivemos a traballar a familia . Mirade o debuxo tan chulo que fixemos!

Prensa escola e... foliada!

Imaxe
Cada mércores, a través de Prensa Escola , analizamos algunhas das novas interesantes da semana e contextualizámolas nos nosos murais temáticos. Revisando a nosa sección de cultura, vimos unha foto das Tanxugueiras e, co parrandeiros que somos, decidimos facer unha foliada para rematar a mañá...

Froita na escola

Imaxe
Estes días xa estamos degustando as froitas repartidas co Programa de froita escolar  neste período. Na aula aproveitamos para falar delas, das súas cores e formas, clasificámolas, facemos actividades na pizarra...

Exposición "Mulleres que contan"

Imaxe
Con motivo da conmemoración do Día da muller traballadora (8 de marzo) , o equipo de biblioteca preparou esta estupenda exposición na que aparecen moitas das nosas mulleres, as que cada día fan que a vida no cole sexa máis sinxela e apaixonante. Hoxe fomos a visitala. Xogamos a buscalas... ...e mirade a quen atopamos!

Froitas de inverno

Imaxe
Unha das cousas que nos agasalla a natureza son as froitas. Cos programas de EduSaúde e Aliméntate Ben aprendemos que comer estes alimentos forma parte dun estilo de vida saudable. Esta tempada comemos no cole kiwis , plátanos , mandarinas ... Aproveitamos para analizar estas froitas e falamos das que son típicas do inverno.

Día da muller traballadora

Imaxe
No día da muller traballadora , falamos de varias loitadoras. Vimos pequenos vídeos, relacionámolas con diferentes profesións e pintamos coa cor que mellor representa este día.

Terapia canina (2)

Imaxe
Que alegría cando os venres vemos chegar aos nosos peludiños preferidos! Temos que confesarvos que hoxe foi especial porque...  tocou sesión de peiteado!  E nós, co presumidos que somos, pasámolo en grande.  Mirade como os peiteamos e todas as pinzas de cores que lles puxemos. Quedaron guapísimos!