Merendas saudables
A través do Programa
de froita e leite escolar, promovemos unha alimentación saudable. Hoxe baixamos
ao apartamento do cole para saborear as froitas coas que levamos traballando
uns días.
Primeiro lavamos
as mans e as froitas.
Clasificámolas e
pelámolas para despois facer anaquiños.
Repartímolas,
puxemos a mesa e a comer.
Despois de limpar, fomos en busca da planta da fresa que temos no centro e, como vedes,
xa lle saíron os froitos. Teremos que esperar un pouquiño ata que maduren para recollelas.
Ummm que boa pinta!!. Seguro que as comeron todiñas.
ResponderEliminar