Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2022

NOS TAMÉN CREAMOS!. II

Imaxe
Na aula 5 seguimos a traballar na creación dos animais do conto "Non fai falta a voz". 

CAMIÑO AO RESPECTO

Imaxe
A semana pasada fixemos no cole unha andaina solidaria "Camiño ao respecto" para conmemorar o día de hoxe "25 N:Día Internacional contra a Violencia de Xénero". 

NOS TAMÉN CREAMOS!. I

Imaxe
Este curso participamos por primeira vez en "Nós tamén creamos", un programa dentro do Plan Proxecta onde temos que darlle vida ao un conto.  O conto que traballamos é "Non fai falta a voz". Estamos na fase de crear os personaxes. E niso estamos!

PRENSA ESCOLA 23 DE NOVEMBRO: HOXE DEMOS O CANTE

Imaxe
Un mércores máis traballamos co xornal na aula. Hoxe foi un día especial, xa que estivo connosco á aula 3.  Unha das noticias falaba da morte do cantautor Pablo Milanés. Así que na aula 5 estivemos a escoitar a música que nos gustaba (as nosas mestras teñen que actualizarse moito!!!)

DÍA DA MÚSICA

Imaxe
Hoxe é o "Día da Música". Xa todos sabedes que a nós encántanos a música!. Estivemos a ver o vídeo "Coas miñas mans", un vídeo que fixemos estre todos e todas con Telmo, o noso mestre de Música. Podedes ver o vídeo no blog do noso cole:  http://ceeabarcia.blogspot.com/2022/11/coas-minas-mans-dia-da-musica.html

CONTO NA MESA DE LUZ

Imaxe
Os contos encántanos, pero se os contamos coa mesa de luz moito máis!

TERAPIA CANINA. 18 NOVEMBRO

Imaxe
Hoxe tivemos a visita dos nosos amiguiños peludiños!

TRABALLAMOS COAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
Na aula 5 gústanos moito traballar coa Pantalla Dixital Interactiva. 

FORMAS E CORES

Imaxe
Como nos gusta xogar coas formas e as cores!

A HORTA DE 5

Imaxe
"A horta de 5" ese é o nome que lle puxemos ao recuncho do PDI "A nosa horta". As nosas cabazas están a medrar, esperemos que poidamos transplantalas prontiño no invernadoiro ou no patio. Tódolos días regamos as nosas cabazas!

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Imaxe
O mércores participamos xunto con outras aulas na actividade " Fai clic no teu bocata ".  Mar, Roi, a familia lata e a familia pan acudiron ao noso centro, pero nós xa os coñecíamos! Na sala de xogos faláronos da alimentación saudable e dos produtos do mar en conservas.  Despois fixemos dous xogos que nos gustaron moito! E mentres xogabamos, Mar, preparounos uns riquísimos bocatas de sardiñas, queixo, leituga e tomate! Facendo clic no enlace podedes ver a publicación no blog do cole! http://ceeabarcia.blogspot.com/2022/11/fai-clic-ao-teu-bocata.html

CADA UN NA SÚA CASIÑA

Imaxe
Gústanos moito realizar clasificación. Nesta ocasión "cada un na súa casiña".

CAMIÑO DOS FAROS. MILLA DIARIA

Imaxe
Mañá volve "Unha milla diaria". Este ano enfocada nas rutas de sendeirismo de Galicia.  Comezaremos polo "Camiño dos Faros". 

RETO ACADADO!

Imaxe
O Equipo de Biblioteca propúxonos o reto de baleirar unha cabaza e xerminar as súas sementes (esta semana tocará facer unha rica crema de cabaza!).  Tras agardar 10 días (realizando unha conta atrás), o venres abrimos os tapers onde tiñamos as sementes de cabaza e.... XERMINARON!. Fomos ao invernadoiro a coller terra e transplantámolas.  Esperemos que crezan e que para o curso que ven teñamos as nosas propias cabazas.

TERAPIA CANINA. 4 DE NOVEMBRO

Imaxe
 Nova sesión de Terapia Canina!. 

MAGOSTO 2022

Imaxe
Hoxe celebramos o Magosto!. Mira que nos gustan as festas do Outono. Comemos castañas no patio cuberto (e iso que o xornal de onte dicía que non ía chover...) e despois fixemos obradoiros e xogos. No ximnasio pescamos e buscamos castañas en equipo. No salón de actos lanzamos castañas e experimentamos con diferentes caixas sensoriais. E na sala de xogos pintamos follas e creamos un collage-mural.

XORNAL 2 DE NOVEMBRO

Imaxe
Nova sesión de "Prensa Escuela". Ampliamos a información dos nosos paneis (alimentos saudables e non saudables, as froitas e verduras, saúde, educación viaria...). Houbo unha noticia que nos deu moita peniña, o do golfiño Manoliño. Desde aquí queremos mandarlle unha aperta ben grande e dicirlle que se deixe curar.

CRECERON!

Imaxe
Que sorpresa nos levamos onte ao chegar a clase. As sementes de cabaza que xa estaban crecendo dentro da cabaza creceron!!! E mañá saberemos se as nosas sementes xerminaron ou non!