RETO ACADADO!
O Equipo de Biblioteca propúxonos o reto de baleirar unha cabaza e xerminar as súas sementes (esta semana tocará facer unha rica crema de cabaza!).
Tras agardar 10 días (realizando unha conta atrás), o venres abrimos os tapers onde tiñamos as sementes de cabaza e.... XERMINARON!.
Fomos ao invernadoiro a coller terra e transplantámolas.
Esperemos que crezan e que para o curso que ven teñamos as nosas propias cabazas.
Comentarios
Publicar un comentario