Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024

DÍA DA PAZ

Imaxe
Hoxe celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz". Ao longo da mañá realizamos varias actividades como a solta de pombas, a samba da paz, as grilandas da paz... Se queredes vernos cos nosos compañeiros e compañeiras facede clic no enlace ao blog do cole! https://ceeabarcia.blogspot.com/2024/02/solta-de-pombas-dia-da-paz-2024.html

ACONDICIONANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou comezar a preparar o invernadoiro para poder plantar! Atopamos dous animaliños!

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 24 DE XANEIRO

Imaxe
Hoxe tivemos unha saída escolar, así que pouco traballamos co xornal. Pero xa temos seleccionadas varias novas para os nosos paneis!

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
Aínda que xa rematamos a ruta polas praias, seguimos localizando no mapa e buscando no google maps e google earth as praias que recorremos. Xa nos faltan pouquiñas!

ARTE E INVERNO

Imaxe
Hai moitas formas de traballar as características do Inverno. Estes días rematamos os noso cadro de Edward Munch.

PRENSA ESCOLA. 17 DE XANEIRO

Imaxe
E como cada mércores, traballamos co xornal na aula.

OS CARTOS

Imaxe
Esta semana estivemos a traballar cos cartos, contando de 5 en 5.

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
Esta semana coñecemos máis praias da nosa costa!

EXPERIMENTANDO!

Imaxe
Na aula 5 estivemos a experimentar con diferentes pinturas para establecer cales son as mellores para utilizar nos disfraces de Entroido. Cal será o noso disfrace?.... Tedes que esperar...

A PAZ. CARTEL

Imaxe
Coa mestra de Relixión, Rita, comezamos a pintar este mural!

TERAPIA CANINA.

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina!. Como nos gusta estar con Bosco e Uva.

COÑECENDO A NOSA COSTA

Imaxe
A través da Milla Diaria estamos a coñecer as praias de Galicia, e non so iso, ao mesmo tempo estamos a aprender a traballar co ordenador, PDI, impresora... Ata o momento usabamos o google imaxes e o google maps, pero hoxe comezamos a utilizar o google earth. Pero non todo é tecnoloxía...

XOGANDO COS DADOS!

Imaxe
Tirando, tirando... imos sumando!. Hoxe xogamos cos dados xigantes.

COMPRA DIARIA EN MERCABARCIA

Imaxe
Antes de ir ao recreo paramos no apartamento, alí está "MercaBarcia", un pequeno supermercado onde facemos a compra diaria necesaria para elaborar o xantar. E tamén comezamos a coñecer os euros (€).

AGASALLO DE AULA!

Imaxe
Os Reis Magos e Papá Noel trouxéronos uns agasallo para a aula 5. Nesta entrada falaremos do primeiro, un xogo de Tangram. Polo momento fixemos xogos de clasificación con eles, pero nos próximos días ensinarémosvos as nosas figuras!

LIMPANDO AS PRAIAS

Imaxe
Non nos gustou nada a noticia das nosas praias contaminadas cos pellets. A aula 5 queremos axudar a toda a xente que está a limpar as praias... fixemos a nosa propia praia e a deixala limpiña!

PRENSA ESCOLA MÉRCORES 10 XANEIRO

Imaxe
Un mércores máis os xornais chegan á aula 5 para traballar as noticias e moitas cousas máis!. Ademais da contaminación das nosas praias polos pellets traballamos aspectos de alimentación, educación viaria, Galicia, recursos tecnolóxicos...  Houbo unha imaxe que nos gustou moito, a dun corazón feito coas mans. E así fixemos os nosos! Sacamos unha foto e comprobamos na pantalla dixital que as nosas mans formaban un corazón. Pois si, fixémolo xenial!

TORTILLA FRANCESA

Imaxe
Hoxe no apartamento tocou tortilla francesa. Onte estivemos na cociña e preguntámoslle a cociñeira como tiñamos que facer, así que o primeiro que fixemos foi ver o vídeo da entrevista para saber o que tiñamos que facer.  Tiñamos tódolos ingredientes e sabíamos o que tiñamos que facer! 1- Cascamos os ovos. 2- Batemos os ovos e botámoslle un pouquiño de sal. 3- Botamos aceite na tixola, acendemos vitrocerámica e cando o aceite estea quente botamos os ovos. 4- E o mellor de todo, a comela! E por último... a fregar. Hoxe pasámonos un pouquiño co aceite!. A semana que ven faremos outra para mellorar a nosa técnica.