TORTILLA FRANCESA

Hoxe no apartamento tocou tortilla francesa. Onte estivemos na cociña e preguntámoslle a cociñeira como tiñamos que facer, así que o primeiro que fixemos foi ver o vídeo da entrevista para saber o que tiñamos que facer. 
Tiñamos tódolos ingredientes e sabíamos o que tiñamos que facer!


1- Cascamos os ovos.


2- Batemos os ovos e botámoslle un pouquiño de sal.


3- Botamos aceite na tixola, acendemos vitrocerámica e cando o aceite estea quente botamos os ovos.


4- E o mellor de todo, a comela!


E por último... a fregar.


Hoxe pasámonos un pouquiño co aceite!. A semana que ven faremos outra para mellorar a nosa técnica.

Comentarios