Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

TRAXE TRADICIONAL GALEGO. CARTEL

Imaxe
Rematamos o noso cartel das Letras Galegas. Á aula 5 tocounos o traxe tradicional galego. E así o creamos!

ENSINANDO EDUCACIÓN VIARIA A PHOTON

Imaxe
Hoxe xuntámonos a aula 5 e a aula 3 para ensinarlle a Photon os semáforos!

EXPERIMENTOS CON OVOS

Imaxe
Polo apagón tivemos que tirar o que tiñamos na neveira do apartamento!. Aproveitamos os ovos para facer experimentos: OVO SALTARÍN. O martes ao rematar as nosas galletas metemos ovos en vinagre, tapámolos e abrímolos hoxe. Era moi brando e saltou un pouquiño... pero pronto rompeu. CRU OU COCIDO O martes tamén cocemos varios ovos e mesturámolos con ovos sen cocer. Hoxe tiñamos que adiviñar se era un ovo cru ou cocido. E despois comprobar se tiñamos ou non razón, como?. Subidos a unha cadeira e tirar o ovo contra a mesa. Esta actividade tamén nos serviu para practicar o pelar os ovos e coñecer as diferentes partes do ovo.

SAÍDA AO CONTEDOR DE PAPEL

Imaxe
Despois da Milla Diaria cargamos o carriño e fomos ao contedor de papel!.

PRENSA ESCOLA. 7 MAIO

Imaxe
É venres e o xornal entra na aula 5!

A CAMIÑAR POLA CONTORNA

Imaxe
Sempre que o tempo nolo permita saímos a facer a milla diaria por fóra do centro. Aproveitamos estas saídas para traballar a educación viaria, concretamente o ser peón e peoas responsables!

GALLETAS DE QUEIXO

Imaxe
Hoxe estivemos no apartamento facendo galletas de queizo!. Pasiño a pasiño seguimos todos os pasos! Aproveitamos para traballar os pesos cunha báscula dixital. Primeiro collíamos 2 obxectos coas mans e dicíamos cal pesaba máis para a continuación comparalo na báscula. Por certo as nosas galletas boísimas! E se vos preguntades de onde saíu a idea de facer galletas de queixo aquí vos deixamos a historia. A volta de Semana Santa cada neno/a de clase propuxo un prato para facer no apartamento, houbo moitos: pastel de chocolate, albóndegas, fideos con atún... e cada un/unha votamos ás dúas que máis nos gustaban ou que queriamos probar e así foi como a elixida foron "As galletas de queixo". Pero tiñamos un problema, ninguén sabía como facelas!. Buscamos información en internet e elaboramos a receita. Así traballamos no apartamento!

XORNALISTAS NATURAIS. TRABALLO FINAL

Imaxe
Rematamos o noso caderno de campo, onde ao longo deste curso realizamos a observación dalgúns espazos naturais do cole. Para rematar concretamos as conclusións nunha noticia.