EXPERIMENTOS CON OVOS
Polo apagón tivemos que tirar o que tiñamos na neveira do apartamento!. Aproveitamos os ovos para facer experimentos:
- OVO SALTARÍN.
O martes ao rematar as nosas galletas metemos ovos en vinagre, tapámolos e abrímolos hoxe.
Era moi brando e saltou un pouquiño... pero pronto rompeu.
- CRU OU COCIDO
O martes tamén cocemos varios ovos e mesturámolos con ovos sen cocer. Hoxe tiñamos que adiviñar se era un ovo cru ou cocido. E despois comprobar se tiñamos ou non razón, como?. Subidos a unha cadeira e tirar o ovo contra a mesa. Esta actividade tamén nos serviu para practicar o pelar os ovos e coñecer as diferentes partes do ovo.
Comentarios
Publicar un comentario