Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Imaxe
Xa sabemos cales son as cousas boas que queremos na nosa vida e as cousas malas que non queremos.  O seguinte paso foi construír a nosa muralla, para iso usamos as siluetas das nosas mans (e as que nos enviastes, grazas!) construímos a nosa muralla. E comezamos o xogo! Unha compañeira indica unha das imaxes. E indicamos se abrimos ou pechamos a muralla. Pechamos a muralla as cousas malas! E abrimos a muralla as cousas boas! Tamén participamos na actividade a nivel de centro organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/02/conmemoracion-30-de-xaneiro-dia-escolar.html E no vídeo "Somos el mundo" http://ceeabarcia.blogspot.com/2021/01/somos-el-mundo.html

LEITE ESCOLAR

Imaxe
Chegou o leite!!!, rico, rico, rico.... Ao longo desta semana na aula 5, despois de facer a milla diaria, tomamos o leite que nos enviaron dentro do programa " Aliméntate ben: leite escolar "

COÑECEMOS AS FROITAS: AS MAZÁS 2

Imaxe
Na aula 5 seguimos a aprender moitas cousas sobre esta rica froita! Cada día regamos... pero polo de agora non vemos nadiña! Aprendemos as principais características das mazás:

GÚSTANNOS OS NÚMEROS!

Imaxe
 Facendo da serie numérica un xogo!

A COUSA NON VAI BEN!

Imaxe
Hoxe cando abrimos o xornal atopamos a nosa querida pintada de vermello. A situación sanitaria por mor da Covid non é moi boa, así que entre todos e todas temos que intentar cambiar esta situación e adoptar as medidas preventivas necesarias (e na aula 5 somos uns/unhas expertos/as). E así representamos a situación a día de hoxe:

CONCURSO ESCOLAR ONCE

Imaxe
Este curso a nosa intención é volver a participar no "Concurso escolar da ONCE", aínda que non sabemos se seremos capaces, pero neso andamos... Neste curso para o concurso temos que gravar unha "Cuña publicitaria" sobre o bo uso da tecnoloxía.  A 1ª actividade que fixemos foi coñecer o que sabíamos das tecnoloxía: E empezamos a ver cada un dos logos, comezando por Youtube.

A PAZ

Imaxe
Esta semana empezamos a traballar a Paz "30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz". Escoitamos a canción "La muralla" E pensamos en aquelas cousas boas ás que abrímos a nosa muralla e aquelas cousas malas ás que pechamos a nosas muralla.  E esta semana que empeza trabalalremos as cousas boas e as cousas malas.

COÑECEMOS AS FROITAS: AS MAZÁS

Imaxe
Como xa vos dixemos a nosa aula participa xunto con outras aulas do cole no programa "Aliméntate ben" da Consellería. Como parte deste programa empezamos a traballar as diferentes froitas, empezando por unha que nos encanta: AS MAZÁS. Traballamos coa seguinte presentación: Trouxemos á aula dúas mazás, traballamos as súas principais características, sacámoslle as sementes, pelámolas e para rematar...ñam,ñam,ñam... que ricas! E estas mondas para as pitas e porquiños da nosa aldea! (lástima que non sexan animais de verdade). Baixamos ao patio a recoller terra, sabedes para que? Plantamos as sementes da mazá! E xa temos unha actividade a realizar tódolos días: A REGAR

O INVERNO

Imaxe
Como se nota que estamos no inverno.... con este frío. Empezamos a traballar as principais características desta estación cunha actividade LIM. https://www.chiscos.net/xestor/chs/ticceeabarcia/invierno_lim1/invierno_lim.html

CONXUGAMOS AS EMOCIÓNS, A ALDEA E A PLÁSTICA

Imaxe
O curso pasado empezamos un Proxecto a nivel de centro "A nosa aldea" coordinado pola Biblioteca, pero que quedou parado polo confinamento. Neste curso retomamos o proxecto con moita ilusión e con ganas de ver o traballo que realizamos entre todos e todas.  Nesta ocasión acabamos unha das actividades que tiñamos pendentes, a de representar de maneira gráfica 5 palabras da aldea (enviadas polas familias o curso pasado) e relacionadas cunha emoción. As que nos tocaron á aula 5 foron: MORTE (Tristeza). BERRO (Medo). BOSTA (Noxo). COLEXIO (Alegría). MONTE (Alegría). O Primeiro que fixemos foi que cada un/unha elixira o debuxo que quería representar. E a continuación a representalas!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Imaxe
O martes 22 tivemos unha visita moi especial no cole e na aula. Despois de falar con eles por teléfono Papa Noel e os Reis Magos viñeron de visita ao cole, pero quen lle deu unha sorpresa a eles? Así os esperamos, escondidos e escuras!. Foi unha mañá moi especial onde o pasamos xenial e trouxéronos un agasallo.