COÑECEMOS AS FROITAS: AS MAZÁS

Como xa vos dixemos a nosa aula participa xunto con outras aulas do cole no programa "Aliméntate ben" da Consellería. Como parte deste programa empezamos a traballar as diferentes froitas, empezando por unha que nos encanta: AS MAZÁS.

Traballamos coa seguinte presentación:


Trouxemos á aula dúas mazás, traballamos as súas principais características, sacámoslle as sementes, pelámolas e para rematar...ñam,ñam,ñam... que ricas!





E estas mondas para as pitas e porquiños da nosa aldea! (lástima que non sexan animais de verdade).


Baixamos ao patio a recoller terra, sabedes para que?


Plantamos as sementes da mazá!



E xa temos unha actividade a realizar tódolos días: A REGAR


Comentarios