CONXUGAMOS AS EMOCIÓNS, A ALDEA E A PLÁSTICA

O curso pasado empezamos un Proxecto a nivel de centro "A nosa aldea" coordinado pola Biblioteca, pero que quedou parado polo confinamento. Neste curso retomamos o proxecto con moita ilusión e con ganas de ver o traballo que realizamos entre todos e todas. 

Nesta ocasión acabamos unha das actividades que tiñamos pendentes, a de representar de maneira gráfica 5 palabras da aldea (enviadas polas familias o curso pasado) e relacionadas cunha emoción. As que nos tocaron á aula 5 foron:

  • MORTE (Tristeza).
  • BERRO (Medo).
  • BOSTA (Noxo).
  • COLEXIO (Alegría).
  • MONTE (Alegría).
O Primeiro que fixemos foi que cada un/unha elixira o debuxo que quería representar.


E a continuación a representalas!


Comentarios