Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

QUE BONITAS ESTÁN!

Imaxe
Mirade que bonitas están as nosas plantas!

XOGANDO CON WAILO!

Imaxe
Hoxe xogamos con Wailo e cunhas pelotas, pasámolo xenial!

XORNAL 27 MAIO.

Imaxe
Hoxe en Prensa escola, entre outros aspectos, falamos de como debemos protexernos do sol, recordamos como coidar os dentes e o calendario do mes de xuño!

LAPIS 3D

Imaxe
Hoxe aprendemos a utilizar os lapis 3D creando unhas bolboretas!. Como nos gusta experimentar con novos recursos.

RUTINAS DE HIXIENE

Imaxe
Traballamos as rutinas de hixiene, recordando os diferentes pasos que temos que realizar cando lavamos a cara, nos duchamos, imos ao baño...

BEGOÑA CAAMAÑO. LETRAS GALEGAS 2026

Imaxe
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos crear uns murais sobre a vida de Begoña Caamaño (autora homenaxeada este ano). Aquí tedes o noso! E así o fixemos!

AS MANS DIVERTIDAS

Imaxe
Hai actividades na aula moi divertidas!, sobre todo cando toca xogar coas mans. Colaborando nun mural para o Día das Letras Galegas! Experimentando coas mans!.

REMATAMOS O CADERNO DE CAMPO

Imaxe
Tras un curso observando os cambios que se producen na Natureza, rematamos o noso caderno de campo!

REFLEXIONAMOS SOBRE AS IMAXES

Imaxe
Chegou o momento de planificar o traballo final. Para iso expoñemos o que vemos nos carteis e como cambian as nosas árbores co paso das estacións, sacando conclusións.

OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Onte realizamos a primeira parte do obradoiro de plantas aromáticas. Ulimos moitas plantas (ourego, tomiño, romeu...) e moitas especies das que usamos para cociñar!. Ademais recordamos a importancia de coidar as plantas, de non danalas e da súa importancia para as persoas. Despois, cada aula do nivel, quedouse con dúas plantas. A nós tocounos o perexil e herba boa. Na aula transplantámolas a unhas macetas máis grandes. Que grandes eran as raíces!

PREPARANDO O OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Mañá realizaremos un Obradoiro de plantas aromáticas. Hoxe estivemos clasificándoas, xuntando aquelas que eran iguais e distribuíndoas en 3 grupos.

UN DÍA CON WAILO!

Imaxe
Hoxe tivemos terapia canina e pasámolo xenial...

"LÍO NA CABEZA".

Imaxe
"Lío na cabeza" é o nome do noso cartel para o concurso de carteis de reciclaxe. E así o fixemos!

QUE RICOS AMORODOS!

Imaxe
Despois do Obradoiro recollemos as malas herbas e tirámolas no composteiro. Recollemos amorodos, lavámolos e compartímolos!

OBRADOIRO DE COIDADO DE PLANTAS.

Imaxe
Hoxe no invernadoiro realizamos un pequeno obradoiro de coidado de plantas con ASPAS!

AS PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Coñecemos as plantas aromáticas!. Para a semana que ven, realizaremos un pequeno obradoiro con elas.

A CEBOLA!

Imaxe
Hoxe traballamos a cebola!, non só a súa forma e características, senón que aproveitamos para falar da tristeza... cortamos unha cebola e apareceron as bágoas!

CATALOGAMOS AS ÁRBORES DO PATIO

Imaxe
O Equipo de Polos Creativos imprimiunos na impresora 3D unhas placas para colocar nas árbores do patio.

QUE TIPO DE ÁRBORE É?

Imaxe
Clasificamos as nosas árbores: folla caduca ou folla perenne.