Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

CRUZAMOS OS PASOS DE PEÓNS

Imaxe
Hai un conto que nos gusta moito da Biblioteca, " Peón ". Estivemos falando de como temos que ir camiñando pola beirarrúa e de como tiñamos que cruzar polo paso de peóns. Despois saímos ao paso de peóns que hai cerca do cole e a practicar como cruzar.

OBRADOIRO "NATUREZA, AUGA E LUZ". PARTE II

Imaxe
Hoxe foi un día moi divertido!. A través de diferentes actividades experimentamos coas propiedades da auga e da luz, recordando que ambas son fundamentais para a vida das persoas. 

XORNAL 10 DE XUÑO

Imaxe
Os mércores o xornal entra na aula 5 (no só ese día!, das noticias derivan moitísimas actividades!).

A RECICLAR!

Imaxe
A patrulla EcoBarcia saíu a reciclar aos contedores de papel e plástico que hai preto do cole. Como en cada saída que realizamos, poñemos en práctica como ser peóns responsables (camiñar pola beirarrúa, cruzar polo paso de peóns...).

ACTIVIDADE ANPA "HORTA"

Imaxe
Hoxe realizamos unha actividade organizada pola ANPA moi relacionada co traballo que realizamos ao longo sobre o coidado na Natureza.

MÚSICA A FLOR DE PEL

Imaxe
Concerto de "Música a flor de pel" coa Fundación Igual Arte.

MURAIS "O QUE SOBRA"

Imaxe
Coas pinturas que nos sobran, realizamos pequenos murais onde deixamos voar a nosa creatividade.

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Imaxe
Hoxe tocou limpar o invernadoiro e despois tirar as herbas malas ao composteiro. Temos malas noticias, das nosas plantas que xerminamos, só o castaño segue crecendo...

OBRADOIRO "NATUREZA, AUGA E LUZ". PARTE I

Imaxe
Hoxe realizamos un Obradoiro para traballar a Natureza. Sentimos, experimentamos e creamos coa Natureza a través das cores da Primavera sobre flores elaboradas con cartón, deixando voar a nosa creatividade.

CREAMOS PINTURAS!

Imaxe
Creamos algunhas das pinturas para un Obradoiro que realizaremos mañá con todo o centro. Pasamos un ratiño moi divertido rompendo os xices e creando xeo de cores.