Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

PLANTAMOS SANDÍAS

Imaxe
Esta mañá, cando faciamos o batido de santís, fomos quitando pepitas para poder plantalas.  Mirade como están as nosas lentellas e fabas!

NIN MEU, NIN TEU...DOS DOUS. CORRESPONSABILIDADE DE TAREFAS

Imaxe
  As tarefas que se realizan no fogar é responsabilidade de tódalas persoas que viven no mesmo. Así que non hai mellor aprendizaxe que a práctica do que se quere transmitir. Así que todos e todas a facer un rico batido de sandía! 1- Cortar a sandía 2- Botar a sandía a batidora. 3- Botar leite na batidora. 4- Poñer en funcionamento a batidora. 5- Preparar os vasos. 6- E o mellor de todo... Bebelo! Mirade que sorrisos máis bonitos!

RECOLLEMOS FRESAS

Imaxe
Hoxe fomos ao invernadoiro a recoller fresas!

SENTIMOS A ALEGRÍA A TRAVÉS DO OLFACTO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable propúxonos unha nova actividade, nesta ocasión sentiremos a alegría a través do sentido do olfacto. Tapamos os ollos e ulimos diferentes bores, tiñamos que indicar se nos gustaba ou non nos gustaba ese cheiro!

BUSCA DO TESOURO

Imaxe
Hoxe realizamos unha "Busca do Tesouro" organizada por Raquel e Sara. Pasámolo moi ben e que contentiños quedamos ao atopar o noso tesouro: Un contos!

UNHA TORTA NOXENTA

Imaxe
Cando Mortiña e o seu amigo pantasma foron a ver a tía Defuntiña, esta estaba cociñando unha torta noxenta!.  Ummm... Nunca fixemos unha torta noxenta! E atopamos un bichiños mortos... Unha torta moi NOXENTA!

A NOSA ALDEA MEDRA

Imaxe
A aldea que estamos a construír na clase vai medrando. Ademsias das tarefas diarias de coidar dos nosos animais, acabamos de plantar acelgas, cenorias, cebolas, patacas, trigo...

REMOVEMOS AS CINZAS

Imaxe
Seguimos traballando co conto de Mortiña e sabedes que... alquén esparciu unhas cinzas da chimenea. Así que nós tamén!

MILLA DIARIA CON SOLIÑO

Imaxe
Que ben senta facer a milla diaria con o soliño da mañá!

AS PANTASMAS DA BARCIA

Imaxe
O conto que estamos a ler dentro do Club de Lectura é "Mortiña e o seu amigo pantasma"... e resulta que no noso cole tamén temos pantasmas! Recorremos o centro dando pequenos sustos a tódalas persoas que viamos! E as nosas mestras tamén nos quixeron asustar!

ASÍ TRABALLAMOS EN "MOITO SENTIDIÑO"

Imaxe
Así traballaron os rapaces e rapazas da aula 5 no conto "Moito Sentidiño"

MOITO SENTIDIÑO

É un orgullo para nós presentarvos o noso conto "MOITO SENTIDIÑO".  Felicidades rapaces e rapazas da aula 5, as vosas mestras están moi orgullosas e contentas co voso traballo e por como foi a vosa resposta coas medidas adoptadas pola Covid-19.  MOITO SENTIDIÑO de ceeabarcia

LEITE DIARIO

Imaxe
Cada día tomamos o noso brick de leite .... Que rico! 

UN ANO MOI "RARIÑO"

Imaxe
Dentro do programa "Educación Responsable" estivemos traballando as diferentes emocións que vivimos ao longo deste curso, centrándonos en 4: alegría, medo, tristeza e ira.  Fixemos un mural que compartimos con todos para axudarnos a completalo!

MORTIÑAS E MORTIÑOS DA AULA 5

Imaxe
 O alumnado da aula 5 ten moi mala cara, non credes? E así fomos polo cole, dando sustos a toda persoa que atopabamos!

UNHA CAMISETAS MOI ESPECIAIS!

Imaxe
O Club de Letras propúxonos unha actividade moi orixinal e que nunca fixemos. Obradoiro de pintado de camisetas!. Tardamos uns días en rematalas, pero que contentiños e contentiñas estamos! Queredes ver como as fixemos?.  E as nosas mestras tamén participaron! Pero volvéronse un pouquiño toliñas.... querían pintarnos! E chegou o momento da foto en grupo!

MORTIÑA

Imaxe
Dentro do Club de Lectura empezamos a traballar co libro "Mortiña. O amigo pantasma".

TOCOUNOS INVERNADOIRO!

Imaxe
Esta mañá tan pronto entramos pola porta fomos ao invernadoiro, tiñamos moitísimo traballo: Sacar as malas herbas. Recoller as fresas. Regar as leitugas e as acelgas (que xa volveron medrar!) Volveron medrar as nosas acelgas, iso é que as coidamos moi ben! E despois a levar as fresas á cociña!