Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2021

UN DÍA ESPECIAL!

Imaxe
Hoxe foi un día moi especial, último día de cole!. O Equipo de Extraescolares tíñanos preparada unha mañá moi movida. Tivemos actividades en diferentes espazos en quendas rotatorias e sempre mantendo o grupo burbulla.  No salón de actos realizamos lanzamentos de fresbee, busca do tesouro e a pita cega. Na sala de xogos relaxámonos e xogamos co paracaídas. No "tendejón" realizamos a actividade final do programa "Sentimos as emocións a través dos sentidos" onde pintamos libremente nun lenzo e no chan. No ximnasio saltamos cos sacos, saltamos a comba e pasamos por un túnel. E por último no corredor xogamos ao hockey, xogamos con cohes teledirixidos e xogamos ao limbo. Quedamos moi cansos, así que na aula tomamos un zume e comemos uns gusanitos.  A pesar de pasalo xenial, é un día un pouco triste, xa que lle decimos adeus a un/unha compañeiro/a da aula.  NUNCA TE ESQUEZAS DE NÓS !

A NOSA ALDEA

Imaxe
Chegou o momento de empezar a recoller as cousas da aula e gardalas ata o curso que ven.  Así quedou a nosa aldea!, pouquiño a pouquiño a nosa aldea foi crecendo a medida que aprendíamos moitas cousas sobre ela. 

A NOSA PRAIA

Imaxe
Continuamos a crear a nosa praia (para a actividade da alegría a través da vista, pensamos nas cousas que hai nunha praia).

ALEGRÍA A TRAVÉS DA VISTA. PARTE II

Imaxe
Xa rematamos a nosa aportación á obra "Alegría a través da vista".  E o Equipo de Educación Responsable xa creo a obra de arte, queredes vela?. No blog do cole "O recuncho dos sonos" podedes vela.

AULA 5 CURSO 2020/21

Imaxe
Hoxe recibimos a esperada noticia de que o día 26 deste mes xa podemos estar nos espazos abertos sen máscara (pero sempre CON MOITO SENTIDIÑO!).  Hoxe fixemos unha foto de aula no patio e sacamos as máscaras, mantendo en todo momento a distancia de seguridade. Así que presentámosvos á aula 5 do curso 2020/21.

ALEGRÍA A TRAVÉS DA VISTA. PARTE I

Imaxe
Empezamos a traballar a alegría a través da vista. O primeiro que fixemos foi pensar nunha paisaxe que nos gustara, onde nos sentiramos ben, contentos e felices... e a que non sabedes que dixeron os/as alumno/as da aula 5.... A PRAIA, por que será? Despois falamos das cousas que hai na praia e que nos gustan: mar, area, algas, sol, ceo, xeado... e das súas cores. Cada neno/a elexiu un compoñente da praia e a súa cor. A continuación puxémonos mans a obra coa actividade que nos propuxo o Equipo de Educación Responsable. Partimos periódicos en anacos pequenos. Pegamos os anacos de xornal nunha cartolina e pintámola da cor da praia que eleximos (aínda en proceso...) E como nos sobraban xornais decidimos empezar a construir a nosa praia coas cousas que dixemos.

REFLEXARTE!

Imaxe
Encántanos expresar as nosas emocións a través da arte. Dentro do Recurso "Reflexarte" de Educación Responsable elaboramos uns murais onde expresamos as diferentes emocións desde as nosas mans.

TRABALLAMOS CONCEPTOS ESPACIAIS E NUMÉRICOS.

Imaxe
A mellor forma de aprender é xogando e experimentando!

O LIBRO DOS NOMES PARTE 3

Imaxe
Xa rematamos o noso Libro dos Nomes!

REGAMOS!

Imaxe
Hoxe foi o noso último día no invernadoiro. O martes que ven é o noso último día de cole e seguro que os nosos/nosas mestres/as nos teñen preparado algo moi especial.

MÁSCARAS QUE ESCONDEN UN SORRISO

Imaxe
A aula 5 participou na campaña solidaria "Máscaras que esconden un sorriso" da Fundación Aladina ,  que propuxo o Club de Letras do noso centro.

O QUE SOBRA

Imaxe
 Presentámosvos a obra "O QUE SOBRA" Esta obra foi creada polo alumnado da aula 5 aproveitando a pintura que sobrou das diversas actividades que realizamos na aula. 

SENTIMOS AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS SENTIDOS. ALEGRÍA - TACTO

Imaxe
O Equipo de Educación Responsable propúxonos unha nova actividade dentro do programa "Sentimos as emocións a través dos sentidos". Nesta ocasión traballamos co tacto.... que agradable eran algunhas texturas, que desconfianza con outras, un pouquiño áspera... non me gusta, que suave ...

O LIBRO DOS NOMES. PARTE 2

Imaxe
Seguimos a traballar no "Libro dos nomes". A semana pasada elaboramos a portada do libro e hoxe rematámola.  Despois repasamos o nome de tódolos nenos e nenas do cole e traballadores/as para ampliar os nome.

EXPERIMENTAMOS COA PALLA

Imaxe
Esta semana experimentamos coa palla, tocámola, partímola, cheirámola... Construímos un espantallo para a nosa aldea. E rematamos facendo unha pequena obra mesturando palla, papel de periódico e pintura.

CORRESPONSABILIDADE DE TAREFAS

Imaxe
Todo momneto é bo para traballar a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

TRABALLAMOS NO INVERNADOIRO

Imaxe
Tódolos martes imos ao invernadoiro e realizamos diferentes actividades. Hoxe recollemos fresas, regamos e limpamos o invernadoiro (por dentro e por fóra) de malas herbas.

O LIBRO DOS NOMES

Imaxe
A tía de Mortiña faloulle dun Libro dos Nomes... que interesante... Así que decidimos facer o noso propio libro de nomes coas nosas iniciais.  Primeiro fixemos algunhas actividades coas nosas iniciais. E comezamos a elaborar o noso libro (tamén lle pedimos axuda as nosas familias)