ALEGRÍA A TRAVÉS DA VISTA. PARTE I

Empezamos a traballar a alegría a través da vista.
O primeiro que fixemos foi pensar nunha paisaxe que nos gustara, onde nos sentiramos ben, contentos e felices... e a que non sabedes que dixeron os/as alumno/as da aula 5.... A PRAIA, por que será?
Despois falamos das cousas que hai na praia e que nos gustan: mar, area, algas, sol, ceo, xeado... e das súas cores. Cada neno/a elexiu un compoñente da praia e a súa cor.
A continuación puxémonos mans a obra coa actividade que nos propuxo o Equipo de Educación Responsable.
  • Partimos periódicos en anacos pequenos.
  • Pegamos os anacos de xornal nunha cartolina e pintámola da cor da praia que eleximos (aínda en proceso...)




E como nos sobraban xornais decidimos empezar a construir a nosa praia coas cousas que dixemos.


Comentarios