UN DÍA ESPECIAL!
Hoxe foi un día moi especial, último día de cole!. O Equipo de Extraescolares tíñanos preparada unha mañá moi movida. Tivemos actividades en diferentes espazos en quendas rotatorias e sempre mantendo o grupo burbulla.
No salón de actos realizamos lanzamentos de fresbee, busca do tesouro e a pita cega.
Na sala de xogos relaxámonos e xogamos co paracaídas.
No "tendejón" realizamos a actividade final do programa "Sentimos as emocións a través dos sentidos" onde pintamos libremente nun lenzo e no chan.
No ximnasio saltamos cos sacos, saltamos a comba e pasamos por un túnel.
Quedamos moi cansos, así que na aula tomamos un zume e comemos uns gusanitos.
A pesar de pasalo xenial, é un día un pouco triste, xa que lle decimos adeus a un/unha compañeiro/a da aula.
NUNCA TE ESQUEZAS DE NÓS!
Comentarios
Publicar un comentario