Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

PEREGRINOS DA AULA 5

Imaxe
O alumnado da aula 5 converteuse en peregrinos cara Compostela.  Buscamos as indicacións do Camiño. 10 voltiñas ao noso recorrido. E para levar a conta... o Conta-Voltas! Animádevos a participar no noso Camiño!

COMEZAMOS O CAMIÑO!

Imaxe
Este luns comezamos o Camiño Francés no cole!.  Cada días as aulas que participamos camiñaremos unha milla e ao final da semana sumamos tódalas millas realizadas e avanzamos no camiño. Tamén nos axudarán tódolos membros da Comunidade Educativa que se animen a apuntarse. Así que xa o sabedes, non o dubidedes, apuntádevos ao noso Camiño.

BO CAMIÑO!

Imaxe
Presentamos o cartel "Bo Camiño" elaborado na aula 5 dentro dos Programas "Edusaúde" e "Milla Diaria".  É un mural feito entre todo o alumnado da aula. Así o fixemos! Felicidades rapaces e rapazas!

CONTAMOS COAS CASTAÑAS

Imaxe
Coas castañas que apañamos o venres no patio, fixemos un xogo de contar de 1 ata o 10. O xogo consistía en: tiñamos que contar cantas castañas había nunha caixa. Colocabamos as castañas debaixo de cada número seguindo a recta numérica. Cando rematamos tiñamos que indicar cantas castañas tiñamos e atopar o número noutro panel. Para finalizar colliamos o número e colocabamos as castañas ao lado. 

OS CASTIÑEIROS. OUTONO

Imaxe
O venres da semana pasada, coa mestra Nerea recollemos follas dos castiñeiros que hai no patio do cole.  E pintamos na aula unha árbore.  Hoxe seguimos a traballar o Outono, concretamente o castiñeiro usando as follas e o debuxo.  Colocamos as follas do castiñeiro (na árbore e no chan) E falamos das características dos castiñeiros (o seu froito é a castaña, son seres vivos, comen e beben pola raíz e respiran polas follas).

ESCOITAMOS O OUTONO

Imaxe
 Que credes que é? As estacións do ano podémolas percibir polos sentidos. Hoxe escoitamos o Outono na aula.

PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
Fai uns días trouxemos á aula unhas ramiñas das plantas aromáticas que temos no patio do cole. Deixámolas secar un pouquiño e o venres estivemos traballando o noso olfacto. 

PACO CANSADO. MASCOTA "BO CAMIÑO" CEE A BARCIA

Imaxe
O alumnado que pola tarde está co grupo de mestres/as creou a través dunha actividade conxunta a "Paco Cansado", a mascota oficial do cole para a actividade "Bo Camiño". Na aula 5 fixemos un mural con el. E así é como o fixemos!

CUNCHIÑA

Imaxe
 Presentámosvos a Cunchiña, a mascota do "Xacobeo 2021/22". E así traballamos para facer este mural.

ELMER DE OUTONO

Imaxe
A Biblioteca Escolar propúxonos a seguinte actividade: facer un personaxe de conto con elementos propios do Outono. E na aula 5 eliximos a Elmer.  Pintamos follas do Outono con diferentes cores e despois rompémolas en anaquiños.  E aquí está o noso Elmer de Outono:

PRENSA ESCOLA: 24 DE NOVEMBRO

Imaxe
Cada mércores, na aula 5 traballamos co Xornal "La Voz de Galicia". Os nosos paneis van crecendo coas noticias que imos atopando!

PLANTAS AROMÁTICAS

Imaxe
O curso pasado, o 2º nivel do cole, plantou diferentes plantas aromáticas (menta, ourego...). Recollemos unhas pouquiñas para ulilas e saber se nos gusta ese cheiro ou non (cada neno/a coa súa planta). E por suposto que nos encantou como cheiran!!

RECOLLEMOS FOLLAS

Imaxe
O venres recollemos follas do patio do cole para realizar diferentes actividades na aula (que peniña que se vai acabar o bo tempo.... pero a chuvia tamén é moi necesaria)

CLASIFICAMOS A ROUPA

Imaxe
O xoves foi un día de "roupa". Clasificamos diferentes prendas de roupa e complementos en función das partes do corpo. 

A ROUPA DO OUTONO

Imaxe
Seguimos aprendendo moitas cousas desta estación. O xoves traballamos a roupa que poñemos en Outono. Como pouco a pouco imos poñendo a roupa de abrigo e gardamos a roupa do Verán e Primavera.

PRENSA ESCOLA. MÉRCORES 17 DE NOVEMBRO

Imaxe
Un mércores máis traballamos co xornal na aula. As nosas mesas estaban ocupadas polos murais, así que como nos gusta moito cambiar de sitio traballamos no chan. 

MURAL "O QUE SOBRA"

Imaxe
Case rematamos o noso mural de "O Camiño de Santiago" e como nos sobrou pintura.... para o mural "O que sobra" O interrogante é porque se ve o mural!!

OUTONO: FOLLAS DO OUTONO

Imaxe
Hoxe traballamos o Outono, pegamos as nosas follas vermellas, amarelas, verdes e marróns!

AS CORES. ELMER

Imaxe
Hoxe xogamos co noso Elmer na clase. Fixemos diferentes clasificacións por tamaño e cor.

FOLLAS DO OUTONO

Imaxe
Hoxe falamos dunha das principais características do Outono, a caídas das follas das árbores. Pintamos follas de vermello, verde, marrón e amarelo e mañá porémolas no noso mural do Outono. 

ATOPAMOS ELEFANTES

Imaxe
Hoxe retomamos as actividades do conto de "Elmer" (fixemos unha paradiña para centrarnos no Samaín e no Magosto). 

OUTONO. RECOLLEMOS FOLLAS

Imaxe
Este venres volvemos recoller as follas do Outono que hai no patio do cole! 2 sacos cheos de follas!!!

O NOSO CORPO

Imaxe
Esta semana empezamos a traballar o noso corpo. Fixemos a silueta do noso corpo e rotulámola. Empezamos a traballar os ollos!. Pegamos os nosos ollos na nosa silueta.  Cos ollos de cada un/unha fixemos unha careta e xogamos a probarnos os ollos dos demais.