CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
O venres celebramos no cole o Magosto. Cada nivel tivo diferentes obradoiros. 
Despois fomos á sala de xogos onde tivemos o "Obradoiro de landras", con dúas actividades:
A nosa primeira actividade foi no ximansio onde realizamos diferentes xogos coas castañas:
- Lanzamentos de castañas e noces: por un rampla e tamén a unha diana.
 
- Buscamos as castañas: Cada aula tiña que atopar as castañas dunha cor determinada. Nós tiñamos que buscar as 5 castañas de cor verde e tamén atopamos algunhas especiais (puntuaban máis)
 
- Onde estará a castaña?
 
Quedamos tan cansadiños que precisamos dun pequeno descanso...
- Colar de landras: onde cada un/unha fixo un colar cunha landra.
 
E non podemos rematar se darlle un gran aplauso ao noso "CASTAÑEIRO OFICIAL".
Comentarios
Publicar un comentario