Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

Entroido

Imaxe
Encántanos a festa e, por suposto, o entroido ! Como non podía ser menos, levamos varios días celebrándoo. Fixemos antefaces para ver de diferentes cores, participamos nun desfile-baile no centro, disfrazámonos... Non tivemos tempo de aburrirnos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e do guapos e guapas que iamos. Viva o entroido!

Exposición Rosalía de Castro

Imaxe
O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro , en conmemoración do seu aniversario. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole preparou esta marabillosa exposición en luz negra dedicada a ela, na que desfrutamos observando, buscando, escoitando, tocando, cantando... Pasamos un ratiño moi emocionante! Parabéns Rosalía!

Coidando o invernadoiro

Imaxe
Na aula 5 sabemos que para obter unha boa colleita é imprescindible dedicarlle tempo ao coidado do invernadoiro . Hoxe sacamos unhas cantas malas herbas e regamos.

Primeiros brotes

Imaxe
Vaia sorpresa nos levamos esta mañá! Durante a fin de semana as nosas pequeniñas caléndulas xerminaron e apareceron os primeiros brotes. Ademais de regalas, analizamos as partes que observamos e o ciclo das plantas. Seguiremos coidándoas con agarimo agardando que se “fagan maiores”.

Terapia canina

Imaxe
Por fin regresaron os nosos amigos de catro patas. Estes peludiños tan bos acompañáronnos esta mañá no cole. Déronnos algún que outro bico e puidemos pasealos. Xa estamos ansiosos de que volvan visitarnos. Prontiño será...

Xogos de dados

Imaxe
Fai uns días recibimos uns dados xigantes chulísimos! Con eles facemos xogos de conteo de todo tipo: recollemos patacas, cortamos as follas, pescamos peixiños...

Caléndulas

Imaxe
Seguimos ampliando o noso recuncho de xardinería. Hoxe tocoulle á CALÉNDULA , unha flor de cores intensas e que agardamos ver medrar na próxima primavera. Para iso, collemos unha pouca terra, auga, as sementes e os nosos recipientes decorados.   Mans á obra! Estamos impacientes por que comecen a brotar...

A Rosalía

Imaxe
Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro , cuxo aniversario celébrase o 23 de febreiro , o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos traballar sobre un poema dedicado a ela, e titulado A Rosalía ( No bico un cantar ). Comezamos a traballar cuns versos do poema, ilustrámolo, xogamos cos pictogramas para comprendelo e escoitamos a canción do libro Rosalía pequeniña . Aproveitamos para traballar as partes do corpo, a percepción e a atención. Mirade...

Semana de conto!

Imaxe
Dende o equipo de biblioteca retáronnos a participar nun concurso de decoración de portas na que animar á lectura de contos . E nós de contos sabemos un chisquiño... Aquí vai a nosa proposta. Recoñecedes algún dos contos? Pero o traballo non se fixo só. Durante toda a semana traballamos arreo, lembrando cada un dos contos, pintando, recortando, pegando... Ata recollemos pauciños polo patio. OS TRES PORQUIÑOS ELMER O MONSTRO DE CORES EL MONSTRUO QUE SE COMIÓ LA OSCURIDAD Que vos parece?

Cociñamos patacas

Imaxe
Esta temporada estamos traballando a PATACA . Ademais da súa forma e cor, hoxe quixemos probar as diferentes texturas que podemos atopar nela e tamén o seu sabor. Para iso, baixamos ao apartamento do cole e mirade todo o que fixemos... 1. Lavamos as mans para manipular a comida. 2. Pelamos as patacas a modiño. 3. Lavamos as patacas para quitarlle toda a terra. 4. Poñémolas a cocer e mentres esperamos aproveitamos para contar e ordenar os cubertos (por tipoloxía, tamaño...). 5. Escorremos as patacas e analizámolas, comparando un pedaciño que deixamos en cru (duro e frío) e outro cocido (brando e quente). 6. Poñemos a mesa e saboreamos as ricas patacas cocidas. 7. Limpamos todo para deixalo tal e como o atopamos!

Prensa Escola

Imaxe
Hoxe volveu a prensa á escola. Cada mércores ollamos os nosos xornais buscando imaxes ou novas interesantes, como que a chuvia regresa mañá a Galicia despois de varios días soleados. Tamén vimos unha recompilación de xogos tradicionais galegos entre os que nos chamou a atención un muíño de auga feito... cunha pataca!

Rutinas diarias

Imaxe
 Cada mañá recordamos o día no que estamos, consultamos a previsión do tempo e regamos os futuros kiwis. Ademais, aproveitamos para falar do inverno e as súas peculiaridades. Aínda que est es días fai algo de caloriño, recordamos que nesta estación a roupa debe ser de abrigo para protexernos do frío.