Cociñamos patacas
Esta temporada estamos traballando a PATACA. Ademais da súa forma e cor, hoxe quixemos probar as diferentes texturas que podemos atopar nela e tamén o seu sabor. Para iso, baixamos ao apartamento do cole e mirade todo o que fixemos...
1. Lavamos as mans para manipular a comida.
2. Pelamos as patacas a modiño.
3. Lavamos as patacas para quitarlle toda a terra.
4. Poñémolas a cocer e mentres esperamos aproveitamos para contar e ordenar os cubertos (por tipoloxía, tamaño...).
5. Escorremos as patacas e analizámolas, comparando un pedaciño que deixamos en cru (duro e frío) e outro cocido (brando e quente).
6. Poñemos a mesa e saboreamos as ricas patacas cocidas.
7. Limpamos todo para deixalo tal e como o atopamos!
Xa temos axudantes para a cociña!
ResponderEliminar