A Rosalía

Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro, cuxo aniversario celébrase o 23 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos traballar sobre un poema dedicado a ela, e titulado A Rosalía (No bico un cantar).

Comezamos a traballar cuns versos do poema, ilustrámolo, xogamos cos pictogramas para comprendelo e escoitamos a canción do libro Rosalía pequeniña. Aproveitamos para traballar as partes do corpo, a percepción e a atención. Mirade...

Comentarios

Publicar un comentario